diciembre 13, 2009
Os de 4 na biblioteca
Os sofás son a súa zona favorita para ler libros, así que se teñen que turnar!
Estiveron debuxando o que máis lles gusta da biblio do cole!
Pronto teredes o resultado!
diciembre 06, 2009
A familia conta!
Nais, pais, tíos, tías, avós, avoas, padriños, madriñas...adiante!
Desde o Equipo de Biblio propoñémosvos que veñades contarnos un conto.
Seguro que aos nenos lles encanta que lles contedes contos na casa. Por que non compartir ese momento cos seus compañeiros?
Pode ser unha experiencia única!
Só tedes que cubrir a folla que recibistes o venres e entregala á titora correspondente.
Dos horarios e elección do conto non vos preocupedes, xa falaremos con calma!
Animádevos!
diciembre 04, 2009
Os de 3 anos visitan a biblioteca...
Aos nenos e nenas da clase de 3 anos encántalles ir á biblio!
Xogan na pizarra dixital, len nos sofás, miran contos na alfombra...
noviembre 08, 2009
E para os maiores... Cometas en el cielo.
Está ambientado en Afganistán (1975) durante a invasión rusa previa aos talibáns. A novela narra a vida de dous nenos afganos -Amir e Hassan- e constrúe unha impresionante historia de encontro-desencontro, amizade-traición, na que destaca un fío condutor no libro: o arrepentimento do protagonista.
Cometas en el cielo vai crecendo en intensidade, aínda que atrapa desde a primeira páxina, non hai nada superfluo. Mantén en todo momento un ritmo sostido que nos vai conmovendo.
Recolle momentos duros e sanguentos, pero se trata dunha violencia medida, coa contrapartida dunha dose justa de tenrura.
Sorprende a prosa de Hosseini, ao tratarse da súa primeira obra e a facilidade para crear ambientes.
Un libro que nos axuda a comprender mellor os sufrimentos e os sentimentos do pobo afgano.
En marzo de 2008 estrenouse a película baseada nesta novela. Podedes ver o trailer pinchando aquí.
Recomendamos... Tambores mágicos
Queredes saber que é un facocero? Para iso teredes que coñecer a Nigiri!
Cando a ñu Nymbu lle da uns tambores máxicos a Nigiri, desexa ser grande e fermoso. Pero cando os toca, todo na selva empeza a cambiar.
O autor deste divertido libro é Graeme Base.
Graeme Base é un dos principais creadores do mundo de libros de imaxes. O seu alfabeto Animalia, recibiu a aclamación internacional cando se publicou en 1986, e conseguiu unhas ventas mundiais de máis de dous millóns de exemplares. Na actualidade, Graeme vive en Melbourne.
octubre 24, 2009
E para maiores... "A praia dos afogados"
¡Sal del cascarón, pollito!
septiembre 07, 2009
E para maiores...O caderno dourado
Escrita en 1962, non se pode cualificar de novidade máis que polo feito de que vén de ser traducida ao galego. E porque o seu contido é o suficientemente universal como para traspasar as barreiras do tempo e seguir estando de actualidade.
No libro, con tintes autobiográficos, unha escritora vai recollendo distintas facetas da súa vida -as súas experiencias en África, a súa vida afectiva, o compromiso político, a actividade profesional- en cadernos de distintas cores -negro, amarelo, vermello, azul-.
O caderno dourado ven sendo aquel punto onde conflúen e se interrelacionan todas esas facetas, o zume que se desprende da mestura de todas elas.
Merece a pena tomar contacto coa obra desta escritora, icono do antirracismo, do feminismo, do anticolonialismo.
Abordar eses temas nas súas obras valiulle ser expulsada de África do Sur, e en especial de Rhodesia, país no que se criara, xa que a súa familia se trasladara alí dende o seu Irán natal cando ela contaba seis anos.
Estamos a falar dunha obra imprescindible, dun clásico xa da literatura universal, do que agora podemos gozar na nosa lingua.
agosto 31, 2009
Recomendamos: Tres con Tango
Pero esta non é unha historia calquera. Trátase nada menos que dun romance entre dous pingüinos machos, que sirve para axudarlles aos cativos a romper clichés sobre posibilidades de amar. E para centrarse no importante: o vínculo afectivo. Que máis ten entre quen!
É, ademais, unha historia real: ocorreu hai algún tempo no zoo de Nova York.
Alí, Roy e Silo demostraron que non é preciso ser macho e femia para incubar un ovo e criar como é debido ao poliño que del sae.
O que se precisa é, unicamente, amor. E diso, Roy e Silo tiñan en abundancia...
E a quen lle escandalice o que ve, xa sabe o que recomenda a Biblia neses casos...
agosto 17, 2009
E para maiores...Tras do solpor
A nova novela dun dos grandes escritores xaponeses contemporáneos, por primeira vez traducido para o galego.
Se no seu Ulyses Joyce nos describía un día completo do señor Bloom en Dublín, a novela de Murakami nárranos unha noite en Tokio na que conflúen as historias de varias persoas. Unha delas, como non, un músico de jazz: esta vella afición do escritor sempre sae a relucir dalgunha maneira nas súas obras.
De feito, o título fai referencia a o tema Five Spot After Dark, que, dalgunha maneira, podemos considerar a banda sonora da novela.
Déixovos aquí unha interesante entrevista á traductora de Murakami ao galego, para abrir boca.
agosto 03, 2009
Recomendamos: Unha chea de familias
A través dunha viaxe polo barrio, seu pai vaille facendo ver as múltiples posibilidades que hai de núcleos familiares, e explicándolle que, ao cabo, tódalas familias son distintas, pero todas comparten algo en común: o feito de ser un lugar de arroupamento mútuo das persoas que as compoñen.
Unha maneira sinxela de abordar os tipos de familia partindo da aceptación de todos eles.
Recomendado para tódalas persoas...especialmente para aquelas que sinten que pertencen a unha familia un pouco "diferente"!
julio 20, 2009
E para maiores...A filla do filósofo
A autora foi galardonada ao longo da súa obra creativa con premios como o Alfaguara de novela, o Nacional de Ciencias e Artes de México, ou o premio de novela Rómulo Gallegos; e conta no seu haber con unha longa serie de obras entre as que destacan Fuerte es el silencio, Nada, nadie, Las voces del temblor, Luz y luna, las lunitas, El tren pasa primero ou Los 50 días que confrontaron a México.
Considerada unha das grandes escritoras mexicanas, vén de recibir esta primavera o título de "Escritora galega universal" que anualmente concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega.
No libro, que nos permite botar unha ollada na axitación das urbes ou na paixón amorosa, conflúen distintas voces e culturas.
julio 06, 2009
Recomendamos: Mamá, ti si que me entendes!
Quen mellor que a mamá para intuír o que lle pasa ao bebé, para proporcionarlle os coidados que precisa, para conseguir que se sinta seguro?
O libro é, ademais, un canto á lactancia materna. É por iso que, dende o colectivo "Bico de leite", considérano un "conto con tetas", e anímannos á súa lectura.
junio 29, 2009
Revista escolar
Vén de saír a revista do cole deste curso.
Aquí vola deixo para que lle botedes un ollo.
Merece a pena, hai colaboracións moi interesantes, e...que vos podo decir dos autores, ese fato de xente miúda e coa cabeza -afortunadamente- aínda chea de paxariños!
Disfrutádea!
junio 16, 2009
As linguas suman!
A coordinadora de equipos de normalización lingüística sacou a semana pasada, e co fin de informar ás familias acerca das vantaxes evidentes de ter dous idiomas -vantaxes recoñecidas pola comunidade científica, e recollidas no comunicado que, á súa vez, ven de facer público o Colexio oficial de psicólogos de Galicia- ese tríptico que aí vedes.
En contra do que se di desde algúns sectores, o tríptico non ten unha intención adoctrinante, senón informativa.
Así, limítase a constatar feitos recollidos no informe PISA, como que o alumnado de comunidades con dous idiomas, como a nosa, obtén mellores resultados tamén en inglés e en castelán.
E é que o feito de dispoñer de dous idiomas desde a infancia flexibiliza o cerebro, faino máis dúctil e facilítalle a aprendizaxe dun terceiro.
Non se entende, pois, o intento de prohibir a súa difusión, xa que...a quen lle pode interesar que as familias que poden participar na "sondaxe" non teñan información?
Nós, pola contra, cremos que a información, neste caso e en calquera outro, facilita a elección. Canto máis sabemos acerca dun tema, mellor podemos decidir ao respecto.
A información fai ás persoas máis libres.
Acaso a alguén non lle interesa que o sexan?
junio 15, 2009
E para maiores: Pirata
"Para algunhas xentes, unha bandeira é un anaco de tea. Para nós é unha forma de falar. Unha forma de expresar o tipo de vida que levamos e o tipo de vida que queremos".
Vén de ver a luz Pirata, a última novela de María Reimóndez; tradutora e intérprete de profesión, feminista por convicción e implicada no desenvolvemento (foi a principal impulsora do nacemento desta ONG)
Nestes tempos nos que para que te consideren pirata abonda con que teñas o e-mule no teu ordenador, María Reimóndez tráenos unha historia refrescante e reivindicativa que fala das ansias de liberdade e da busca da identidade en clave feminina.
Se o final é ou non un happy end como o de "O club da calceta", teredes que averigualo botándolle o dente ao libro.
En calquera caso, a quen lle reprocha ese final de conto de fadas da súa anterior novela, María replícalle que non é un final afastado da realidade. Ela di ter vivido, dende o seu traballo na ONG antes mencionada, historias así de gratificantes.
Será que, como di Jorge Drexler, cada un recibe o que dá...
junio 11, 2009
Recomendamos: Don Pol e o pequeno Pin
Don Pol, o vello polbo, non dá creto cando Pin, o cangrexo ermitán, lle pide que o coma...nunca o menú se lle ofrecera de modo tan directo!!
A cousa é que Pin anda un pouco deprimido, porque se sente diferente ao resto dos cangrexos, e don Pol trata de animalo con bos argumentos.
Pero Pin está deprimido, ou é unha estrataxema para escapar dos tentáculos de Pol??
E ata aquí podo ler, señoras e señores, deste precioso conto, escrito por Max Portela e ilustrado por Rodrigo Chao que edita Baía.
O resto mirádeo no libro!
As normas da nosa biblioteca
Unha parte importante do programa de formación de usuari@s é a relativa ás normas para estar na biblioteca.
Como xa comentamos nunha entrada anterior, partimos do libro "León de biblioteca", para facerlles chegar dunha maneira lúdica e máis accesible cal é o comportamento adecuado nunha biblioteca.
Estes dias, Berta estivo traballando arreo e fíxonos para a biblioteca ese panel grandote que vos deixo aí arriba. Tamén fixo cadanseu cartel en máis pequeno para ter en todas as aulas.
Como vedes, as normas aparecen todas en positivo.
Ademais, nos debuxos que hai a ambos lados de cada unha reflíctese tanto a conduta desexable como a non pertinente.
Así, entre palabras e debuxos, a mensaxe irá pouco a pouco calando nesas cabeciñas...
Grazas, Berta, polo teu esforzo!
junio 09, 2009
As avoas contan moito
O tempo foi pasando (xa sabedes canto corre a finais de curso), e unha entrada que tería que estar aquí xa hai uns días vai hoxe...
Foi, tamén, durante a Semana das Letras Galegas.
Veu polo cole a avoa de Pedro e puxo a toda a rapazallada a soñar, cos seus contos.
É que, dicídeme a verdade...quen mellor que unha avoa para contar contos?
Aí vos quedan as fotos, na correspondente galería.
junio 04, 2009
Actividades de formación de usuari@s
Eso que vedes aí son as fichas do noso programa de formación de usuari@s para a biblioteca.
Como vedes, nelas trabállanse distintos conceptos relacionados co uso da biblioteca (normas, partes dun libro, ficha técnica, editorial, isbn, protagonistas...).
Aquí vos quedan, por se vos aportan algunha idea para o voso traballo...
mayo 26, 2009
Hansel e Gretel
Dentro da programación de actividades da Semana das Letras Galegas, as profes deste cole tivemos a ousadía (ou falta de vergonza, segundo se mire, jeje) de representar a obra Hansel e Gretel, en versión, por suposto, libérrima, e, todo hai que dicilo, facendo gala dunha capacidade de improvisación que nin os políticos cando fan declaracións aos medios...
Aí vos deixo testemuña gráfica do evento, nesa foto que, como sempre, leva máis fotos dentro.
mayo 22, 2009
Música, mestra
Ivonia viña cargada cunha pila de instrumentos que a nós, ao principio, non nos parecían tal; pero convenceunos de que o eran sacando deles os mellores sons.
Unha tixola, dúas culleres, unhas carolas, unhas cunchas, a cana do millo...calquera cousa pode servir para facer música.
Ivonia tocou e cantou, ensinounos coplas e sons.
E ensinounos tamén algo moi, moi importante: para facer festa non é preciso ter cartos para mercar instrumentos sofisticados. Música faise con calquera cousa...o que se precisa, a ferramenta verdadeiramente imprescindible é outra: bo humor e ganas de xolda.
Déixovos unha desas cancións guapas desta zona coas que nos deleitou:
Ai, Rianxo,Rianxo pájaro pinto
a ghanansia do peixe xa se vai indo
xa se vai indo Rianxo, xa se marchou.
Ai, rianxo, Rianxo, quen a levou.
Chamáchesme rianxeira
porque nacín en Rianxo
de Rianxo son aqueles
que van polo mar abaixo
(Estribillo)
Paxaro pica na pedra
pica na pedra miúda
pica na muller allea
que outro picará na túa.
(Estribillo)
Dende o muelle de Tanxil
vin saltar unha cabala
mariñeiros de Rianxo
vinde larghar a secada
(Estribillo)
mayo 21, 2009
Semana das Letras Galegas
Xa sei que é un pouco tarde para poñer aquí o noso programa de actividades da Semana das Letras Galegas, agora que está a piques de rematar, pero...máis vale tarde que nunca.
Aquí vai:
- MARTES, 19: Música tradicional e popular con Ivonia
- MÉRCORES, 20: saída ao teatro a Boiro
- XOVES, 21: Contacontos con Fina (Avoa de Pedro). Pases: 9:35 (3 anos) e 10:15 (4 e 5 anos)
- VENRES, 22: Teatro a cargo da compañía "Mestras a tope". Obra: "A casiña de chocolate"
Outro día cóntovos da sesión de música tradicional con Ivonia, que estivo xenial...agora non podo, que teño que ir ensaiar ;-)
E para maiores...
Empeza a recoller información sobre a historia recente de Portugal, e da súa cabeza vai saíndo esta historia de personaxes entrañables, de pequenos heroes do cotiá, que de seguro non deixa indiferente a ninguén.
Cunha calidade literaria sorprendente para unha moza de pouco máis de 20 anos, e estupendamente documentada, aquí vos queda esta novela que xa vai pola súa terceira edición, e cuns cuantos premios ao lombo.
Recomendamos: Habría que...
Así que pensou que son moitas as cousas deste mundo que habería que cambiar.
E así, folla tras folla do libro, vainos contando todo o que habería que...
Ilustracións exquisitas para un libro que lles axuda a pensar dun xeito crítico no que ocorre arredor de nós, educando así a súa solidariedade.
E, de paso, convida a pasar á acción.
Quen sabe se algún día todos estes caraveis que educamos non se poñerán mans á obra con todo iso que habería que...!
mayo 20, 2009
Receitas do antroido
Aquí vos queda.
É o noso Libro de receitas do Entroido, no que se recolle unha selección das receitas achegadas polas familias do noso alumnado.
Botádelle un ollo, e, se vedes que tal, facede unhas prácticas...e a relamberse!!
mayo 19, 2009
Correlingua
Xa vos contei o outro día que a semana pasada foi aquí, na Pobra, o correlingua.
Non veño aquí para repetirme, eh? Véñovos dicir, simplemente, que nós, por suposto, estivemos alí: foi todo o alumnado de 5 anos.
Fixo as presentacións un tal pirata Benito, e despois houbo unha obra de teatro, con monicreques incluídos, que nos gustou moito.
Dentro da foto, máis fotos!
mayo 18, 2009
Entonces usted muere
Deixounos Mario Benedetti. Ía dicir que non serviu de nada o arroupamento que con tanto cariño lle fixemos dende tantos blogs do mundo, pero sería mentira. Estou segura de que lle serviu para sentirse máis querido, máis acompañado.
Como as palabras, aínda que digamos que sobran, son sempre necesarias, déixovos, a modo de pequeno recoñecemento póstumo, o seu poema "Curriculum".
CURRICULUM
El cuento es muy sencillo
usted nace
contempla atribulado
el rojo azul del cielo
el pájaro que emigra
el torpe escarabajo
que su zapato aplastará
valiente
usted sufre
reclama por comida
y por costumbre
por obligación
llora limpio de culpas
extenuado
hasta que el sueño lo descalifica
usted ama
se transfigura y ama
por una eternidad tan provisoria
que hasta el orgullo se le vuelve tierno
y el corazón profético
se convierte en escombros
usted aprende
y usa lo aprendido
para volverse lentamente sabio
para saber que al fin el mundo es esto
en su mejor momento una nostalgia
en su peor momento un desamparo
y siempre siempre
un lío
entonces
usted muere.
mayo 13, 2009
Contacontos: Sopra neste furadiño
Velaí tendes a toda a tropa, sopra que te soprarás, nos buratiños que previamente fixeran...para que logo digades que non curran!!
Púxenvos unha foto...pero tíñamos máis!!
mayo 11, 2009
En galego! Pásao!
Como saberedes, mañá celébrase na nosa vila o Correlingua. O lema deste ano é o que encabeza este post: "En galego! Pásao!"
Aquí vos deixamos ese coñecido rap de Migallas, que tamén se titula "En galego!"
Nós claro que nos imos achegar mañá ata alí, que ven sendo aquí ao lado.
E ti non vés?
mayo 08, 2009
E para maiores...
E para maiores, esta novela de Betty Smith, ambientada no Brooklyn dos anos 20.
A protagonista é, Francie, de once años, filla de inmigrantes.
Escrita cun estilo sobrio e cheo de matices expresivos, a obra fálanos da loita contra a pobreza e da importancia da tenacidade para superar os problemas.
Igual que a árbore debaixo de cuxa sombra le Francie, e que medra no medio do cemento, ela enfrontarase a toda clase de obstáculos para sobrevivir e saír adiante.
O sono americano fronte á realidade, unha vez máis.
Recomendamos: Sopra neste furadiño
Non está estragado, non. O furado é para que sopres, e, co teu alento, deas paso a un mundo máxico no que se van sucedendo obxectos movidos por el, dende un viraventos a unha buguina.
Ás veces cómpre soprar amodiño, outras apuntar ben no furado para dirixir o sopro como é debido, outras, soprar cos ollos pechados...
O que é seguro é que, sexa cal sexa a túa idade, seguro que non poderás evitar a tentación de arrimar os labios ao furado e soprar!!!
Este delicioso libro de Antón Cortizas, ilustrado por Leandro Lamas, sérvenos hoxe para inaugurar a sección "Recomendamos".
E, xa posta a recomendar, casi vos diría que, se tendes un momentiño e ganas de deleitar os ollos, vos pasedes pola páxina do ilustrador...merece a pena!!!
mayo 07, 2009
XÓVENES PROMESAS DA ILUSTRACIÓN
As follas destas árbores son unhas follas moi especiais: as portadas que o noso alumnado foi creando para os seus libros preferidos.
Como vedes, podemos presumir de xóvenes promesas, nesto da ilustración...
Agardemos que as follas destas árbores sexan perennes, que arraiguen na súa memoria contiribuíndo a consolidar o hábito lector.
mayo 06, 2009
Caligramas
Xogando coas palabras e as imaxes, fixemos caligramas.
De golfiños, caracois, pingas de auga...
Queres velos todos?
Pois pincha na imaxe!!
mayo 05, 2009
Imos rodear a Benedetti
Ela fixo circular un mail entre os amigos que di así:
"Mario Benedetti está pasando horas malas. Hemos pensado que podíamos ponernos a leer sus poemas por todo el mundo, y así ayudarlo en este momento. Un poema, por si no tenéis un libro suyo a mano. Y por si queréis pasarlo a otros amigos."
Nós, sumándonos a esta iniciativa, propoñémosvos a lectura deste poema:
Ustedes cuando aman
exigen bienestar
una cama de cedro
y un colchón especial
nosotros cuando amamos
es fácil de arreglar
con sábanas qué bueno
sin sábanas da igual
ustedes cuando aman
calculan interés
y cuando se desaman
calculan otra vez
nosotros cuando amamos
es como renacer
y si nos desamamos
no la pasamos bien
ustedes cuando aman
son de otra magnitud
hay fotos chismes prensa
y el amor es un boom
nosotros cuando amamos
es un amor común
tan simple y tan sabroso
como tener salud
ustedes cuando aman
consultan el reloj
porque el tiempo que pierden
vale medio millón
nosotros cuando amamos
sin prisa y con fervor
gozamos y nos vale
barata la función
ustedes cuando aman
al analista van
él es quien dictamina
si lo hacen bien o mal
nosotros cuando amamos
sin tanta cortedad
el subconsciente piola
se pone a disfrutar
ustedes cuando aman
exigen bienestar
una cama de cedro
y un colchón especial
nosotros cuando amamos
es fácil de arreglar
con sábanas qué bueno
sin sábanas da igual.
E, para quen quedase con sede de máis Benedetti (moita xente, seguro!), suxerimos esta páxina con haikus do autor.
Esta outra, para quen queira escoitar a súa voz.
E esta máis, para que recordedes algo que é tan importante para el: que o sur tamén existe.
mayo 04, 2009
León de biblioteca
Como a transmisión de normas así, a pau seco, parécese bastante á inxestión de xarope de rícino, decidimos utilizar este precioso libro para facerlle entender ao noso público miúdo cal é o comportamento que se espera que teñan na biblioteca.
As súas imaxes sérvennos para recordarlles o que cómpre facer e o que convén evitar cando entramos nunha biblioteca.
Xa case estamos feitos uns leóns de biblioteca!!!
abril 30, 2009
Visita á Biblioteca municipal
Esta semana fomos visitar a Biblioteca municipal. Cada día tocoulle a un grupo. Fomos dando un paseo, que nos cadra preto do cole.
Alí, o bibliotecario explicounos unha chea de cousas acerca de como funciona unha biblioteca: como se organizan os libros, como hai que estar na biblioteca, cando hai que devolver un libro que pediches...
Tamén nos ensinou todos os espazos que hai nela...é moitísssssssssssimo máis grande que a nosa!!!
E ten un recunchiño para xente miúda, con libros e sillas escollidos cara nós.
Antes de virmos de volta, fixéronnos un agasallo: un marcapáxinas chulísimo!
abril 28, 2009
Isto marcha!!!
Por fin rematamos de arranxar a biblioteca. Xa está posto o chan, mercados e colocados os mobles, os libros no seu sitio...e mirade que chulas quedaron as cortinas con tantas flores!!!
Así que xa empezamos a usala de xeito cotiá.
Xa empezaron os contacontos de profes, e as visitas en grupo á biblioteca, para fedellar por alí, ao tempo que se vai aprendendo a usala como é debido.
E, sobre todo, a disfrutala!
abril 23, 2009
Unha de piratas
Ao final colleunos tan de sorpresa que, en vez do 23, foi o 22!!
Recibimos unha visita nada menos que dunha pirata.
Sabedes que tesouro traía no seu cofre??? Unha chea de libros!!!
Contounos un conto, xogamos, bailamos...un pouco de todo
Mirade que cariñas de atención:
abril 17, 2009
OLHA QUE BLOG MANEIRO
Venche sendo un modo de dicir que o noso blog pareceulles chulo...
Bueno, esto si que é modo de empezar a currar despois dunhas vacacións, eh? Grazaaaaaaaaaaaasssssssssssssss
Recibir este premio leva consigo o seguinte:
- Exhibir a imaxe do premio (aí arriba vos queda)
- Poñer o nome do blog que nolo concedeu (posto queda, coa súa correspondente ligazón)
- Nominar a 10 blogues preferidos (xa vouuuuuuuu, agarda que acabe de poñer as normas)
- Avisar a estes 10 blogues (da que acabe con este post)
- Publicar as reglas (iso estou facendo)
- Comprobar que os blogues sigan estas regras (uiiiiiii, canto curroooooooooo)
- Sereas sen cadeas, dun dos grupos de infantil do cole de Aguiño...un gusto para os ollos
- Sacapenas para Gaza, que aúna cariños traídos de distintas partes de Galiza para as nenas e os nenos desa parte do mundo
- Biblioarzúa, o interesante blog do IES de, claro que si, Arzúa, como o seu nome indica
- Heroínas de Sálvora, blog do proxecto de innovación en normalización lingüística do cole de Aguiño
- Pasiño a pasiño, do primeiro curso de primaria do cole de Baíñas, terra de meigas
- Reibonteca, onde nos conta as súda actividadess a xente da biblio de Reibón, en Moaña
- Pasa páxina, do José Cornide Saavedra, da Coruña
- Libroucho, da biblioteca do CEIP Eladia Mariño, de Cabanas
- Poemas para peques, cunha boa recompilación
- Toleo por ler, da biblioteca do CEIP Amaro Refojo de Verín
abril 03, 2009
ABRIL, MES DOS LIBROS
Dado que se achegan a vacacións de Semana Santa e que á volta xa estamos a mediados deste mes tan significativo, dende a biblioteca propoñemos as seguintes actividades que cada aula desenvolverá ao seu ritmo.
- Continuaremos cos contacontos
- “A árbore dos nosos álbums favoritos” cada neno explicará cal é o conto, álbum ou libro que máis lle gusta e fará a súa propia portada (os de 3 e 4 anos nun tamaño A5 e os de 5, na metade de A5). Tódalas portadas iranse colocando nunhas árbores que para tal efecto colocaremos na entrada do centro.
- Caligramas: utilizando poesías, retahílas, adiviñas, rimas populares, etc. (material que poñeremos para elixir no expositor da entrada), elaborar estas representacións gráficas. Irémolas expoñendo nos paneis dos corredores.
- “O parrulo feo”: aproveitando a celebración o día 2 de abril do nacemento de Hans C. Andersen, usaremos un dos seus contos máis famosos para facer un traballo conxunto de tódalas aulas.
-Posteriormente tódolos alumnos ilustrarán este final cos seus debuxos.
-Elixiremos unas cantos desenvolvendo o traballo de observación, estudio,
comparación, discusión e decisión dos mellores cos que o equipo de biblioteca
elaborará un libro colectivo que circulará polas aulas.
- Tentaremos contactar coa Biblioteca Pública para facer unha visita (xa indicaremos si por aulas ou niveis) para que os nenos a coñezan e como introdución ao “ Programa de Formación de Usuarios” que levaremos a cabo na nosa.
- Neste mes comezaremos a realizar actividades na biblioteca segundo horario e programa de actividades que indicaremos proximamente.
- O día 23, día do Libro, desenvolveremos unha “actividade sorpresa”… para conmemorar dita data.
BOS LIBROS E BOAS LECTURAS!!
O EQUIPO DE BIBLIOTECA
marzo 23, 2009
CONTACONTOS DE KALANDRAKA
Dous contacontos de Kalandraka viñeron e encheron a nosa biblioteca -xa case rematada de todo!!!- de historias bonitas, música, caras curiosas, risas e...como non, aplausos.
Trouxeron unha chea de contos: Amelia e o can, O crocodilo, P de papá, Garavanciño, Paco...
Aquí vos deixo unha testemuña gráfica do evento:
marzo 11, 2009
CONTOS DE MEDO
Trátase dunha recompilación de contos de medo, aportados polas familias das nenas e nenos, e convertidos, coa colaboración de todo o persoal, cativos e profes -e tamén de Rosa, a coidadora do Centro, sempre disposta a botar unha man...neste caso de pintura-, neste fantástico e terrorífico libro.
E hai que ver con que atención miran o conto!!!
marzo 02, 2009
Zarangallada
Aí o vedes, non vos minto: caixas e caixas de cousas por ordear. Bueno, si, xa hai algún moble dos novos montado, e moitas caixas de libros xa se foron colocando no seu sitio:
Outros mobles están esperando a ser montados, que o tempo...non é elástico!!
Digamos, en definitiva, que a cousa progresa adecuadamente. E non botedes as mans á cabeza por ver todo así estrado. Que, en nada, está cada cousa no seu sitio.
Daremos fe!!