enero 31, 2011

Día Paz Non Violencia on PhotoPeach

Presentación de Wangari

View more documents from aldeatotal.

Esta adaptación ó galego conseguímola da profe MariLuz, de cando no seu cole traballaron a historia real de Wangari. Moitas grazas por no-la deixar utilizar!

enero 30, 2011

E o Home fíxose Muller


Ediciones Ekaré achéganos a historia real de Wangari, unha muller keniata que de nena vive nun país, nunha aldea, verde e arbolada e cando chega de estudar fóra atópase cunha áfrica pobre e triste de espírito e de natureza.

Cun tono inxenuo, relátannos a vivencia dunha muller valente que conseguiu devolve-la cor verde esperanza a todo un pobo.

Wangari Maathai foi premio Nobel da Paz no ano 2004.

enero 27, 2011

Exposición Non Violencia


Esta é unha recompilación dos volumes que temos na biblioteca escolar sobre temas transversais e de coeducación. Xa sabedes que podedes achegarvos á escola para velos e compartilos con nós!

A Paz e as Árbores


Un libro que fala do valor dunha vontade decidida, vontade de prantar árbores como un acto de amor á terra e á humanidade.

E esa vontade fará cambia-la paisaxe.

Desta historia podemos aprender a nosa capacidade para transformar a realidade por moi imposible que semelle, por moi impotentes que poidamos sentirnos.

Un pequeno gran libro para todas as idades. Editorial Galaxia.

enero 24, 2011

Iguais e Diferentes


Nun vello colchón tirado no xardín hai un país no que viven uns bichiños todos iguais que un día se verán para celebrar un aniversario. Pero ese día descubrirán que son diferentes... Ou non!?...

Así que sendo iguais tamén son diferentes!? E sendo diferentes tamén son iguais?!

Seguindo coa temática do día da Paz e a Non Violencia, entrañable relato sobre a tolerancia e as diferenzas en "El país de las pulgas", de Ediciones Phaidon.

As Árbores na Tribo Gond



Esta tribo da India central que viviu tradicionalmente nos bosques cre que as árbores son o centro da vida. Estarán mal encamiñadas?...
En "La vida nocturna de los árboles", un libro de arte feito á man e editado por Factoría K de libros, amósannos algunhas das árbores sagradas da súa cultura; os espíritos que aparecen na noite, cando os visitantes se marchan.
Ilustracións acompañadas de pequenos relatos.


enero 21, 2011

Novos Xogos

No apartado Xogando e Aprendendo acabamos de colgar un novo espazo web de xogos para infantil, moi intuitivo para que vaian comezando a manexarse sós: PequeTic.

Ademais, recomendámosvos que accedades á páxina de ZacBrowser e lles deixedes xogar ou a descarguedes no voso PC. Un mundo pechado no que poderán experimentar facilmente e coa nosa tranquilidade dun entorno protexido de publicidades ou outras invasións de internet.

enero 19, 2011

Traballando cara a Paz

Se ben é verdade que o día da Paz deben ser todos, no cole comezamos a preparar a celebración do día Intenacional.
Dende a Biblioteca contribuímos cunha exposición de "libros da paz", entre os que vos achegamos esta presentación que atopamos.


Ademais, o 31 de Xaneiro faremos un gran día de convivencia no que traballaremos mesturados un libriño marabilloso... Xa veredes!

enero 12, 2011

Os Nosos Contos do Nadal

O Equipo de Biblioteca atrévese a presentarvos os libros que descubrimos este Nadal... co voso permiso e por orde de idade:

Un libro pensado para axudar ós máis preguiceiros a deixa-lo hábito do chupete...











Vinteoito relatos curtos pensados para crear un clima de relax e sono; un xeito apetecible de ir para a cama e achegarse á literatura.










Paula non consegue durmir, así que se pon a contar ovellas. Pero ó chegar á número 108 non consegue salta-lo cabeceiro! As súas compañeiras e Paula axudarano a conseguilo.
Unha pequena adiviña visual completa o libro.










Outra obra mestra, visual e para a imaxinación, de Suzy Lee. Desta vez transcorre nun lugar escuro e coa axuda dunha luz dunha bombilla.