marzo 30, 2010

Enlace interesante


Orfos dixitais... queredes saber quen son?

Podédelo descubrir neste enlace á páxina da Junta de Andalucía.

Pica na imaxe para acceder á páxina.


marzo 24, 2010

Rita conta.






Os nenos e nenas de 4 anos B compartiron con Rita, nai de Adrián, unha sesión de contacontos.

Rita contou "La gallina Henrietta", un conto que trouxo da casa e que escolleu con Adrián para contarllo ao resto da clase.


Regaláronlle a Rita un diploma en agredecemento á súa visita. Na foto tedes a Adri entregándo o regaliño.
Grazas Rita por contarnos!

Grazas Rita por contar con nós!


marzo 22, 2010

Na clase de 3 anos B...

Nova visita para os nenos e nenas de 3 anos!
Estivo con nós Teresa, a nai de David. Contounos "Teo en el parque".
Grazas Teresa por contarnos!
Grazas por contar con nós!
Encántannos estas visitas. Fan que cada día teñamos máis ganas de ir á biblio da escola.
Facer partícipes aos pais e nais está dando moi bo resultado.
Animádevos!

marzo 19, 2010

Obradoiros.

Na escola os mércores son días de obradoiros.


En cada obradoiro desenvólvense actividades diferentes.



A profe Jose é a encargada do Obradoiro de biblioteca, onde gozamos coa lectura e o descubrimento de novos álbumes.




Podedes ver máis imaxes dos demais obradoiros na páxina web da escola.

marzo 18, 2010

Cóntanos Gonzalo.

Gonzalo, pai de Lucas, achegouse á nosa biblio para contarnos "Aquiles o puntiño".
Aquí tedes unha imaxe da sesión de contacontos da que gozaron os nenos e nenas de 5 anos A.
Grazas Gonzalo por contarnos!
Grazas Gonzalo por contar con nós!

marzo 15, 2010

Cóntanos!




As sesións de contacontos continúan.
Esta vez foi para a clase de 3 anos B.
Veu Sonia, a nai de Pablo Millán, a contarnos unha fermosa historia sobre un boneco de neve.

Grazas Sonia por contarnos!
Grazas Sonia por contar con nós!

marzo 12, 2010

Delibes


Esta é a homenaxe que Forges dedica ao mestre da literatura en castelán.


Podedes acceder a un especial do autor publicado en El País pinchando aquí ou na imaxe.

marzo 11, 2010

Na clase de 5 A contan con nós!

Tivemos triple visita na clase de 5 anos A!!!


Veu Loli, a nai de Elsa e contounos "As tres fillas".



Montse, nai de Brais Olveira achegounos ao mundo de "Verlioka".




E Begoña, a nai de Diego, sorprendeunos cunha lúa e moitos animais para contarnos "A que sabe a lúa".


Grazas ás tres por contar con nós!

marzo 08, 2010

Mar tamén conta!













Aquí tedes imaxes doutra sesión de contacontos moi especial!


Na clase de 3anosB tivemos a visita de Mar, a nai de Martina.


Estivemos mooooooooi atentos!


A iniciativa continúa aberta! Animádevos! Contamos con vós!

marzo 07, 2010

A FAMILIA CONTA (II)

O xoves 4 de marzo tivemos visita!
Paula, a nai de Miguel Pérez veu contarnos un conto á biblioteca da escola.
Contounos "A que sabe a lúa", un álbum que nos encanta e co que gozamos cada vez que nolo contan!
Grazas Paula por contar con nós!

marzo 02, 2010

Frederick


Este emblemático álbum do prestixioso debuxante holandés Leo Lionni invirte a fábula de Esopo de “A cigarra e a formiga” para amosar o valor da arte, a imaxinación e os soños, ao mesmo tempo que incide na importancia de manter a propia identidade e de loitar pola liberdade individual.

Como toda a obra de Lionni dirixida ao público infantil, “Frederick” caracterízase pola simplicidade gráfica das imaxes e o uso de técnicas facilmente identificables polos nenos, como o collage.

“Frederick” (1963), que é un dos libros máis famosos e premiados do autor, foi editado por primeira vez en España en 1969 pola editorial Lumen con tradución de Ana María Matute e foi reeditado en 2004 por Kalandraka.