diciembre 20, 2011

algúns enlaces de interese



Para teres algo de todo, dende receitas, a posibles agasallos...

diciembre 19, 2011

O INVERNO



Cando chove e non me mollo, ¿é que chove ou que non chove?

Choven choven catro pingas; Choven choven Oito ou nove

unhas pingas que recollo; Chove chove non me mollo

Uns que baixan outros soben; Desazete vinte e nove

poño verbas a remollo; Non me colles Non te collo

Chove chove e non me mollo


(Antonio García Teijeiro)
O Equipo de Biblioteca e o de Dinamización Lingüística queremos achegarvos algunhas lecturas para o nadal

CHEGOU O NADAL



OUTONO






Era polo novembro, cando as follas empezaron caendo...,



e de novo dende a biblioteca, outras historias fomos poñendo,



para así entre todos esta nova estación ir coñecendo

CORRE CORRE CABACIÑA



O día da festa rachada,



ademáis de crear os xantares terroríficos que logo papamos,



de ir ó teatro no que de risa escachamos,



e xogar unha chea,



tamén houbo lecer, cando Eva se puxo a ler,



"corre, corre cabaciña"



que ben o pasamos!



sobre todo cando a cantamos...

samaín



Era alá por finais de outubro cando a cor laranxa e o arrecendo das cabazas enchían a entrada do centro... Estabamos a celebrar o SAMAÍN, dende a biblioteca achegamos libros para compartir entre todo o cole....

diciembre 16, 2011

Xa Estamos Aqui!!!!!!

Aínda que hai un tempo que non sabedes de nós, estamos aquí.

E non estamos de calquera maneira..., estivemos a facer unha chea de cousiñas... que vos imos ensinar.

junio 27, 2011

Un homiño de plastilina na biblioteca


Pode que sexa a última entrada do curso, así que queriamos que fora unha entrada para recapacitar...
Recollemos esta montaxe do IES Manuel Chamoso Lamas para remata-lo curso cun croquiño en tódalas cabezas.
Grazas a todas e a todos polo voso seguemento e BO E PROVEITOSO VERÁN

junio 15, 2011

Cen Anos de Cunqueiro

Non queriamos rematar o ano Cunqueiro sen facerlle unha mención. E, posto que a súa obra adulta xa é de sobra coñecida, ocorréusenos editar unha entrevista que lle fixeran no 1978 na Televisión Española. Entrevista que recolle á perfección as súas ideas e os seus ideais.

junio 13, 2011

Poesía Infantil


Este é o libro que nós salvamos na campaña das Letras Galegas, e vimos de adquirir un par de volumes para a biblioteca.
Un libro de poesía infantil, con pequenas historias-poema que relatan periperias coñecidas ou que xa nos poden soar e outras novas pero igual de fermosas.
Un bo xeito de achegármonos á poesía.

junio 06, 2011

A Insoportable Levedade das Bibliotecas Escolares

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros QUEREMOS MANIFESTAR O SEGUINTE:

Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?

Asinado: O colectivo de coordinadores e coordinadoras de bibliotecas escolares incluídas no Plan de mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia.




Este escrito ten o apoio do CLAUSTRO de profesores e profesoras da EEI FERNÁNDEZ VARELA.

junio 03, 2011

Novela para Adultos

Aínda que vai pola súa segunda obra, comecemos recomendado a primeira, ambas deste ano.

Denso Recendo A Salgado pode resultarnos moi curiosa de ler, sobre todo polo seu contexto, pois calquera de nós, dos habitantes da Pobra, do Barbanza ou da Ría de Arousa, podemos atopar moitas similitudes coa realidade que nos rodea: bateas, mar e olor a costa.


Unha novela de historias de "aparente desconexión inicial para acabar nunha frenética sinfonía vital, tráxica e vibrante, trepidante, delicada, por veces romántica, e a un tempo crúa e dura como a realidade de moitas historias" (xerais).


Logo desta recomendaremos Un Dedo Manchado De Tinta...

mayo 25, 2011

A Última Festa das Letras


E por fin hoxe fixemos a xornada de peche das Letras Galegas 2011...
Celebramos unha ximkana por todo o cole para consegui-las pistas que nos deixaran descubri-lo panel final: un gran puzzle de Lois Pereiro!
Aínda coa calor que facía, pasámolo en grande! Aquí vos queda unha mostriña para que vos fagades a idea...

mayo 24, 2011

A Mestra Sonia Conta


Entre celebracións e celebracións seguíamos coas sesións de contacontos das profes.
A semana anterior contou a mestra Sonia á aula de 5 anos A. E contoulles o conto de "A Viaxe das Bolboretas", moi ó tempo no que corremos... Vera vera primavera!!!!


Estupenda experiencia a dos contacontos!

Tres días, Tres Festas

E o seguinte día tocamos música!!!
Veu Ivonia, unha pandereteira moi instruída que nos aprendeu a tocar instrumentos moi nosos e moi curiosos.
Encantounos a experiencia! Aínda que algún peque comezou cun pouco de medo, ó final todas e todos participamos. Unha pena que non poidan verse tódalas fotos...


mayo 23, 2011

Tres días, tres Festas

O primeiro día de celebracións veunos visitar Anxo Moure, un grande e completo contacontos.
Trouxo, ademais de contos, a súa ciclobiblioteca chea de libros, de viaxes de ida e volta e diversión, diversión e diversión!!!
Cando vexades as fotografías entenderedes todo!



mayo 19, 2011

Para entende-la Exposición

SALVANDO LIBROS

Que libro salvarías ti?

Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.


Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.


Maio 2011

Queremos dar moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade.

salvandogrande
Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos.
Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.



Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre.


A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.


Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Infantil










Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria











Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Ensino Secundario e algúns persoeiros relacionados co mundo das letras e a cultura









ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES:

mayo 18, 2011





Co gallo do día das letras galegas, participamos tódalas bibliotecas escolares que quixeron nunha exposición común para "SALVAR" o libro que máis nos gustara.











Na escola fixemos unha exposición cos libros que se salvaron entre tódalas familias e expuxemos o que salvamos dende o Claustro: "A Casa de Había Unha Vez", ademais de outros libros de poesía infantil, pois non son doados de atopar...


Para que se salven tódolos libros do mundo!. Felices lecturas!



mayo 16, 2011

Día das Letras Galegas

Mañá celébrase o día das nosas letras, das letras galegas.
Dende o 1963, adícaselle cada ano a un persoeiro (sexa home ou muller) que contribuíra a expandir e difundir a nosa cultura e as nosas letras.



Este ano decidiuse adicarllas a Lois Pereiro, poeta da Xeración do Amor e o Desamor.
Aínda que non resulte moi doado achegar a súa temática á educación infantil, temos dende hai uns anos ó Seminario Galán axudándonos a orientar actividades.


Propoñémosvos que vaiades quentando motores dende a casa cunhas actividades LIM (direccionadas dende a fotografía) porque nos espera unha semana cargadiña de actividades no cole!!!

mayo 12, 2011

A Mestra Tina Conta




Contou tamén esta semana a profe Tina, e fíxoo coa aula de 4 anos B.


Seguindo co traballo de Andersen, contoulles a historia do Patiño Feo adaptada por kalandraka. Un conto moi bonito que ademais lles serviu para repasar valores coma os da igualdade, non discriminación...


Que ben o pasamos cos contos!

A Mestra Marién Conta

A mestra de 3 anos A contoulles un conto á aula de 3 anos B.

Para oír ben tiveron que abrir as orellas, e logo escoitaron o conto Lume no Bosque, porque non esquecemos que este ano é o Ano Internacional dos Bosques, e que debemos traballar a importancia dos bosques e o bo trato para cos seres vivos e a natureza...


Pois si que nos gustou o conto, si...

mayo 10, 2011

Premios Max 2011


Esta é a obra coa que Quico Cadaval se alza gañador do Premio Max na categoría de lingua galega.
Peza que se estreou en Galiza pero que estivo de xira por toda a península nos distintos idiomas.
Preparad@s agora para a próxima estrea, de novo con Luís Tosar ó seu cargo...
Parabén a todo o equipo.

mayo 09, 2011

Hoxe tivemos un Paseo...

NovoSuperContacontos on PhotoPeach



mayo 06, 2011

A Mestra Jose Conta



Jose, a profe titora de 4anos, contoulles á aula de 3anos B un contiño lindo, lindo... O conto do parruliño Tito que buscaba ós seus irmáns nos oviños que ía atopando; e atopaba ovos de moitas especies!




Como premio por portarnos tan ben, levamos un parruliño para cada un/ha.



Gracias por contar con nós, profe!


mayo 05, 2011

Lingua de Signos

Contancontos en Lingua de Signos on PhotoPeach

mayo 04, 2011

A Mestra Mari Conta

Cóntalles ó alumnado de 5anos B o conto da ra Ranilda, co libro e cun panel chulo chulísimo que ela preparou.
Toda a aula o pasamos moi ben. E encantounos a rá de papel, que pega uns brincos xeniais!!
Grazas profe, e que che vaia moi moi ben.

mayo 03, 2011

Día Internacional da Liberdade de Prensa

Hoxe celébrase o día Internacional da Liberdade de Prensa. E como a prensa tamén é lectura, e nas bibliotecas tamén hai prensa, a partir de hoxe queda engadido como enlace interesante a páxina web "KIOSKO", na cal podedes atopar case toda a prensa de todo o mundo.

Pola liberdade.

mayo 02, 2011

A Mestra Romina Conta

Cóntalles á aula de 5 anos B a hitoria das Matrioskas. Para elo utilizou unha animación no EDI na que saían as Matriuskas unhas de dentro das outras (cunha musiquiña moi divertida de fondo!) e mais unha colección de Matriuskas de verdade.
Para rematar, levamos unha matriuska de papel para colorear na nosa casa.
Pasámolo moi ben! E aínda nos queda outra profe... quen virá?!...



abril 28, 2011

Teacher Cruz Conta

Onte a mestra de inglés contoulles á aula de 4 anos B un conto de Andersen que non é moi coñecido pero si moi bonito e cunha grande mensaxe implícita...
O libro que trouxo era enoooorme! E buscando buscando entre as súas follas, apareceu esta fermosa historia:


Aínda nos queda outra sesión de contacontos con outra profe!! Ademais, iremos colgando as sesións das outras clases (dúas cada unha).

abril 26, 2011

Día do Libro


Esta é unha pequena recompilación dos traballos que o alumnado da nosa escola fixeron nas casas para crear un libro-conmemoración de Hans Christian Andersen celebrando o día do libro.
Xa sabedes que podedes ver todos todos os debuxos no vestíbulo do centro. Animámosvos a visitala!

abril 23, 2011

Día do Libro

Hoxe celebramos o día do libro!
Dende a Biblioteca imos quentando motores compartindo con tod@s esta canción e esta presentación de cartaces de distintas institucións para o fomento da lectura, ademais de presentar unha recompilación de materiais para traballar co alumnado na aula que utilizaremos a próxima semana. Grazas á biblioteca do Víctor Sáez por facela e compartila con tod@s


abril 18, 2011

Día Mundial da Voz

Esta fin de semana celebrouse o Día Mundial da Voz. O seguinte enlace lévavos a unha páxina en portugués que nos ensina como funciona a voz.

Pero ademais da voz falada, dende a EEI Fernández Varela e a Biblioteca Escolar, quixemos lembrar outro tipo de voces, que aínda que non as escoitamos polo oído tamén serven para comunicarnos...

Sumando o día da voz e o mes dos libros, o día 15 de abril tivemos unha sesión de contacontos en lingua de signos. Á volta das vacacións amosarémosvos as fotografías.

abril 17, 2011

Visita á Biblioteca Municipal

Visita á Biblioteca Municipal on PhotoPeach


O xoves 14 de abril fomos andando en grupos de dúas clases á Biblioteca Municipal para que, quen decidiu nas casas, fixera o carné de socio. Ademais, o bibliotecario explicounos para que utilizan a biblioteca municipal, que fondos teñen, que podemos facer alí os/as nenos/as de educación infantil...

Pasámolo súper ben! Xa sabedes, cando queirades levarnos xa sabemos o camiño!

abril 15, 2011

Encontros de Bibliotecas Escolares



Os días 7 e 8 de abril as/os coordenadoras das Bibliotecas Escolares reuníronse en Santiago de Compostela para comparti-las experiencias anuais e debater da importancia, funcións, deberes... das Bibliotecas Escolares.

As experiencias están recollidas na páxina de Bibliotecas da Xunta de Galicia, á que podedes acceder premendo na imaxe.

abril 13, 2011

Semana da Acción Mundial pola Educación

Este ano, a CME (Campaña Mundial da Educación) centra as súas propostas didácticas de educación infantil na Educación en Igualdade, por iso, dende a biblioteca escolar, traballaremos a través dos nosos recursos e o noso horario esta proposta.
Para saber máis:
http://www.cme-espana.org/category/cc-aa/galicia
Historia para peques e adultos:

abril 07, 2011

Roberto Inocenti e o Álbum Ilustrado

Esta tarde celébranse en Compostela uns encontros con Roberto Inocenti, galardoado co máis prestixioso premio de Ilustración Infantil e Xuvenil, o "Hans Christian Andersen".
Ademais, formará parte mañá do xurado do Premio Compostela do Álbum Ilustrado... Estaremos atentas, a ver en que queda...

Día da Saúde

A saúde non é só curar enfermidades, senón previlas.




Por iso vos recomendamos este libro para adultos que nos

axuda a explicar certas normas de hixeñe ós peques.

E estes títulos difíciles de atopar se non se encargan:

para os máis peques, a colección de Edu (editorial Juventu)

amósalles entre as situacións diarias a de ir ó pediatra ou asearse

e para perde-lo medo ós dentistas e investiga-la boca,

Dientes, de Media Vaca.

abril 06, 2011

Aprendendo a usar o carné de biblioteca




Un ano máis, e atendendo ás celebracións do mes dos libros, imos ir visitar a biblioteca municipal e propoñémosvos que lles fagades o carné de socios/as ós alumnos/as da escola. Como vos explicabamos na nota que enviamos ás casas, aquí vos deixamos un monográfico para que vos acheguedes ó uso do MEIGA, un portal no que poderedes acceder co carné e conseguir información, bibliografía, xogos... Queda tamén rexitrado en "Recursos para Biblioteca".


O teu novo carné é como unha chave que che abre as portas dun mundo por descubrir. Pincha aí arriba e aprende a usar esa chave!

abril 04, 2011

Contos Virtuais

Seguindo coa celebración do Mes dos Libros e do Día internacional do Libro Infantil, animámosvos a achegarvos cos/as vosos/as peques a outra forma de ler e ver contos: os contos interactivos, enlazados na imaxe e que están tamén no apartado de "Xogando e Aprendendo".
Nesta páxina web terán a posibilidade de escoitar contos, ademais xa coñecidos por eles, pero cambiando algunha das súas partes (é dicir, que traballamos a famosa técnica dos "contos ó revés" de Gianni Rodari).

abril 02, 2011

Manifesto día Libro Infantil - OEPLI

“Cando Arno chegou á escola co seu pai, as clases xa comezaran.” No meu país, Estonia, case todo o mundo coñece esta frase de memoria. Así comeza un libro. O título do libro é “Primavera”, que se publicou en 1912 e foi escrito polo escritor estoniano Oskar Luts (1887 – 1953). “Primavera” narra a vida dos nenos dunha escola rural dun pobo de finais do século XIX en Estonia. Oskar Luts escribiu dos seus anos escolares. Arno é en realidade o mesmo Oskar Luts na súa infancia. Os investigadores estudan documentos antigos e escriben libros de historia segundo estes. Os libros de historia falan de sucesos que tiveron lugar algunha vez. Nos libros de historia un non entende ben como era a vida da xente corrente daquela época. Non obstante, os libros históricos costumistas lembran feitos que non atopamos nos documentos históricos, como por exemplo o que pensaba un rapaz como Arno cando hai cen anos ía á escola. O libro lembra os soños dos nenos, as súas dúbidas, os seus gustos e as súas afeccións. Tamén lembra aos pais dos nenos, como lles gustaría ter sido a eles e o que desexaban para o futuro dos seus fillos. Por suposto que hoxe en día tamén se poden escribir libros de tempos pasados e estes son adoito apaixonantes. Pero en realidade, un autor de agora non sente os olores, os sabores, os temores e os gustos dos tempos remotos. El xa sabe o que aconteceu, o que o porvir lle tiña velado á xente daquel tempo. Os libros lembran a época na que foron escritos. Coas novelas de Charles Dickens sabemos que lle parecía a un neno a veda nas rúas de Londres a mediados do século XIX, cando Oliver Twist paseaba por elas. A través dos ollos de David Copperfield –que eran os mesmos ollos de Dickens- tamén nós vemos toda clase de tipos que vivían na Inglaterra de mediados do século XIX, cales eran as relacións entre eles e cales eran as ideas e emocións nas que se fundamentaban. Como David Copperfield é en gran medida Charles Dickens, este non tivo que inventar nada; el simplemente sabía. Os libros dannos a coñecer o que realmente sentían Tom Sawyer, Huckleberry Finn e o seu amigo Jim ao navegar polo Mississippi a finais do século XIX, no momento no que Mark Twain narraba as súas aventuras: el coñecía profundamente o que a xente da súa época pensaba dos demais, porque el mesmo vivía entre eles. El era un deles. As obras literarias que foron escritas na súa mesma época, cando a xente daquel tempo aínda vivía, son as que falan de xeito máis auténtico da xente do pasado. O libro lembra. Aino Pervik Tradución ó galego de Francisco Castro. http://www.oepli.org/pag/gl/dia.php

Mes dos Libros

Este mes temos no centro unha exposición de Hans Christian Andersen, sen dúbida un dos escritores que marcou as historias clásicas infantís, aínda que fora con versións dos seus orixinais.


E comezamos celebrando o día internacional do libro infantil, para o cal pedimos a vosa colaboración, ides ver o proveitoso e satisfactorio que resulta o traballo cos libros en educación infantil. A idea é que realicedes actividade en relación ás que levamos a cabo dende o centro na que vos pedimos que ilustredes a portada do conto que imos a traballar nas aulas e que logo pasará ós andeis da Biblioteca.



Feliz lectura.

abril 01, 2011

Concienciados sobre o Autismo

Para os peques, para que compartan e entendendan que non tódalas cabezas pensan igual ou escoitan igual ou falan igual... Presentámosvos a Xandre, unha personaxe creada dende a asociación TADEGA
.

E para que nós, que nos custa máis, vexamos o que é, quito este vídeo do blog dunha mamá cun neno con autismo, que ó mellor non é moi pedagóxico pero sí ten cousas interesantes como alento ou apoio psicolóxico (mamijul).

marzo 31, 2011

Para Nós

Esta non é unha novela; son tres novelas curtas dun mesmo escritor:
"Cela aberta”, gañadora no seu día do VII Premio Valle Inclán na Pobra do Caramiñal. Un prisioneiro que leva detido no cárcere secreto dun réxime ditatorial, relata en primeira persoa as torturas ás que foi sometido.
“Vértixes”, II Premio de Novela Curta da Cidade de Ribeira. O cirio da paixón recompensa aos dous amantes con momentos moi felices e gorentosos, pero tamén con días tormentosos, porque a atracción que Daniel sente por Ana é irrefreable.
“Escintileos”, galardoado co II Premio de Micronovela do Concello de Soutomaior. O seu protagonista é vítima dunha enfermidade que lle fai esquecer todo aquilo que, ante os demais, o pode facer aparecer como alguén negativo.

E entre as historias un definidor común: as veleidades do destino que se asaña cos protagonistas de cada unha delas, facéndolles adoptar comportamentos que estaban ata o momento agochados no seu interior...

marzo 25, 2011

Seguindo co día da Auga...


Deixaron a billa aberta e ninguén veu a pechala... ninguén sabía ónde se metera o dono da casa...
Pero o curioso foi o que aconteceu: a auga meteuse por tódolos recunchos, encheu tódolos buratos, verteu por tódalas saídas e, finalmente, apareceu un ser azul, transparente, critalino... Un home de auga!
Algúns confundíano cun charco ou unha fonte, outros asustábanse e chamaban á policía, pero, con todo, o home de auga deixaba o ratro do ben ó seu paso.
Este relato rico en ilustracións (finalista do premio Andersen ó álbum ilustrado en 2008) enxalza o valor da diferenza e impulsa as sensacións e emocións dos lectores.

marzo 24, 2011

Día da Poesía


Como celebración do día da poesía escollemos dende a biblioteca estes libriños de poesía infantil tanto en galego como en español para que vos animedes a amosarlle ós/ás pequenos/as outros tipos de escritura.

E lembrade: os hábitos adquírense! Se tí les, eles len!

marzo 17, 2011

Ata logo Josefina

Leonesa.
Mestra.
Pedagoga.
Doutora (o termo ben entedido)
Escritora.
Crente da Institución Libre de Ensinanza.
Fundadora do Colexio Estilo.
Defensora da liberdade da muller.
Hai quen vén e se vai deixando pegada...
Josefina Aldecoa

marzo 14, 2011

Dia Mundial Auga



Para estas cousas e máis... Pensemos en tódolos días e non só en hoxe.

POR UN CONSUMO RESPONSABLE

marzo 12, 2011

O Parrulo Feo

O día 1 de Marzo fomos todo o cole (que tiña permiso) a ver unha peza de teatro a Santiago de Compostela, ó Teatro La Salle... A primeira saída importante das aulas de 3 anos!
Encantounos a peza do Parruliño Feo! E tamén a experiencia de ir de excursión coma os maiores...
Non colgamos nada ata agora porque andivemos un pouquiño liados co entroido, pero poñemos unha pequena mostra para que non se nos esqueza.

marzo 11, 2011

Documentais "Conciencia"

Logo de "Las sabias de la tribu", comeza en La2 a serie documental Igual-es, coincidindo coa programación especial do día da Muller.


Esta noite "Ellas... se arriesgan", se podedes non o perdades, engancharavos para ver o resto de documentais dirixidos por Inés París.
Podedes consulta-la sinopse en Sincroguía, direccionado na fotografía adxunta.

marzo 10, 2011

O Entroido na Biblioteca


Para anticipa-la celebración e os disfraces do Entroido 2011, relacionados coas personaxes dos bosques, celebramos na biblioteca de centro unhas xornadas de cine na que proxectamos distintas películas relacionadas coas temáticas que logo utilizamos nas aulas para ver en grupos de 2 aulas.
O resultado final... xa o víchedes! E para lembralo podedes ir á web do centro, visita-lo hall do cole ou colle-las fotografías que Vitorino sacou ó longo do paseo.

Ademais, hoxe e mañá traballaremos o Entroido na Prensa, a propósito da Semana da Prensa... Xa vos ensinaremos o resultado!

marzo 08, 2011

Día da Muller


Porque @s nen@s de hoxe son os adultos do mañá.
Aprendámoslles a ser iguais e medrar cunha autoestima positiva.

Vídeos cofinanciados pola Xunta de Andalucía... Non atopamos nada parecido cofinanciado pola Xunta de Galicia.

marzo 05, 2011

Día da Muller

Que as túas mans habían ser os teus ollos
é algo que sabe a terra bastante mellor ca min,
que foi con elas con quen criaches fillos e cortaches leña
pequena haiku que concentras a verdade sobre as estacións
sobre o día a día que protagonizas inmensa...
(non hai imaxe que te conteña). O tesouro da túa memoria salvarnos da fame
sempre
e non saber de ti será morrer un pouco,
ignorar que detiveches o invernos a golpe de lareira,
cen mil ferrados de sabas que labaches e de bocas ás que diches calma
E ladraches. E sorriches.
E non pasaches por esta foto, simplemente
viviches


Lucía Aldao


febrero 26, 2011

Salón Libro Infantil


Un ano máis, Pontevedra celebra o salón do Libro Infantil e Xuvenil, esperamos que con tanto éxito coma sempre.
E convídannos a participar na presentación-homenaxe a Gloria Sánchez, na que actuarán o grupo infantil que seguro coñecedes "Mamá Cabra".
O sábado 5 de marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Se podedes, non o perdades!