A filla do filósofo é unha escolma da obra narrativa de Elena Poniatowska, traducida por escritores e escritoras galegos.
A autora foi galardonada ao longo da súa obra creativa con premios como o Alfaguara de novela, o Nacional de Ciencias e Artes de México, ou o premio de novela Rómulo Gallegos; e conta no seu haber con unha longa serie de obras entre as que destacan Fuerte es el silencio, Nada, nadie, Las voces del temblor, Luz y luna, las lunitas, El tren pasa primero ou Los 50 días que confrontaron a México.
Considerada unha das grandes escritoras mexicanas, vén de recibir esta primavera o título de "Escritora galega universal" que anualmente concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega.
No libro, que nos permite botar unha ollada na axitación das urbes ou na paixón amorosa, conflúen distintas voces e culturas.
julio 20, 2009
julio 06, 2009
Recomendamos: Mamá, ti si que me entendes!
Cunha narración primeira persoa da boca dun bebé, este libro achéganos a unha auténtica historia de amor maternofilial, ao establecemento dun vínculo deses que duran toda a vida.
Quen mellor que a mamá para intuír o que lle pasa ao bebé, para proporcionarlle os coidados que precisa, para conseguir que se sinta seguro?
O libro é, ademais, un canto á lactancia materna. É por iso que, dende o colectivo "Bico de leite", considérano un "conto con tetas", e anímannos á súa lectura.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)