Mostrando entradas con la etiqueta recomendacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recomendacións. Mostrar todas las entradas

febrero 15, 2011

Hoxe, mañá, pasado... día do amor e da amizade


Parece que a xente se lembra máis estes días, así que desafiando ó calendario comercial presentámosvos hoxe unha selección de contos infantís que ben serven para o día das familias... Enfocamos o amor ó cariño que @s máis pequen@s teñen pol@s maiores do seu redor e dámosvos a coñecer estes libros que tratan sobre distintos tipos de familias que se poden atopar.

Ademais, apeteceunos acompañalo dunha montaxe de "A nena e o grilo", libro-CD editado por OQO e que forma parte da campaña de dinamización lingüística da Xunta de Galicia.

Feliz ano cheo de amor!

febrero 04, 2011

Os Maiores Queremos Paz


Da colección "Súper Preguntas" de Edebé, o libro está formulado pensando n@s nen@s para axudarnos a achegarlles a eles/as esta reflexión.
Poderemos lelo conxuntamente cos nos@s fill@s maiores e, de paso, reflexionar tamén nós sobre algunhas das grandes preguntas da filosofía occidental a cerca deste tema.

Sempre está ben que nos paremos a pensar en que é e como poderiamos traballar e exerce-la convivencia...

enero 27, 2011

Exposición Non Violencia


Esta é unha recompilación dos volumes que temos na biblioteca escolar sobre temas transversais e de coeducación. Xa sabedes que podedes achegarvos á escola para velos e compartilos con nós!

noviembre 22, 2010

Literatura para Adultos

O autor de "El niño del pijama de rayas" e "Motín en la Bounty" volve a amosa-la súa facilidade para relatar feitos históricos mesturados con fantasía realista.

Desta vez, o personaxe Georgi Danilovich Yáchmenev amósanos o tempo do Tsar Nicolás II e os Romanov e os tempos que precederon á revolución bolchevique mesturados cunha conmovedora traxedia íntima na que o final se agocha ata as últimas liñas.

octubre 28, 2010

No apartado "Xogando e Aprendendo" colgamos un enlace directo cunha páxina web que nos permite ir creando o conto que nos relatan. Moi faciliña de seguir e súper interesante!

agosto 04, 2010

La Ola

Neste libro sen palabras Suzy Lee conta a historia dunha nena nun día de praia. A impresionante simplicidade das ilustracións, en tan só dous tonos de acuarela, crean unha vibrante e inesquecible historia chea de ledicia e risas.

julio 30, 2010

Libros e máis libros...

Enlace a unha web con comentarios e críticas de moitos libros, aquí podedes atopar suxerencias e ideas para todos e todas! Preme na imaxe!

julio 10, 2010

Tesoros del ayer.

Nesta web podedes visitar exposicións sen saír da casa...
Tedes mostras de diferentes exposicións: xoguetes antigos, maxia, circo, cine... e moito máis!

julio 04, 2010

Nariz de ouro

Eduardo ten o nariz grande, a el non lle gusta porque cuando se ducha non molla a boca, porque aparece polas esquinas antes que el, porque ten que pagar dous asentos no autobús,… Eduardo está farto de todo isto.
A súa nai, polas noites léelle "O parruliño feo", Eduardo xa sabe que o parrulo ao final é un precioso cisne, a súa nai lémbrallo, pero realmente non hai nada malo en ser un parrulo, Eduardo non quere ser un cisne.


Eduardo nos seus soños, podía salvar a xente que naufragaba grazas ao seu nariz, convertíase nun heroe, despois facían unha estatua súa e baixo o nariz a xente regardábase da choiva. Tamén servía para colgar calcetíns, ou para que se pousaran paxaros. Así, Eduardo darase conta de que non é tan malo ser un parruliño feo e decidiu aceptarse tal e como é.

junio 30, 2010

Club Penguin.


Nesta web, uns pingüíns moi simpáticos invítanvos a un montón de xogos!

Visitádea!

junio 27, 2010

Recomendación para maiores...

Este mes, a recomendación para adultos chega en vídeo.

Esperamos que vos guste!

junio 20, 2010

Enlace interesante.


Enlace á páxina web Internenes, onde poderedes atopar xogos en liña, historietas, cómics...
Accede á páxina premendo na imaxe.

junio 10, 2010

Xinxeta.


A doutora Xinxeta ofrécenos un montón de actividades creativas!
Queredes coñecela? Preme na imaxe.

mayo 30, 2010

La caja de las palabras mágicas.


Enlace onde podedes atopar moitas sorpresas, nunha caixa chea de... palabras!


Preme na caixa...

mayo 22, 2010

Contos fantásticos.

Gústanvos os contos fantásticos?
Preme na imaxe...

mayo 13, 2010

Pequeno azul e pequeno amarelo

Cando lle preguntan á ilustradora alemana Jutta Bauer polo libro “Pequeno Azul e Pequeno Amarelo, califícao como “a obra dun mestre”. Leo Lionni emprega un sistema tan eficaz e sinxelo coma uns cachos de papel e unhas poucas palabras para contar unha historia entrañable. Kalandraka recupera este conto maxistral que, aínda que data de 1959, foi
precursora no seu tempo e mantén toda a vixencia na actualidade. A historia destaca pola ternura e orixinalidade da proposta plástica, en perfecta armonía cun texto a base de frases simples e descritivas.
Dúas pequenas cores fúndense nun abrazo sen decatarse de que se convirten nunha nova cor, e ninguén os recoñece. As bágoas ldevólvelles a súa forma orixinal, un descubrimento que celebran e comparten con todos os seus amigos. É así
como a partir dese momento xogarán a crear novas
gamas cromáticas.

Sesión de contacontos
Na biblio tivemos a oportunidade de descubrir un conto dunha forma moi especial!
Con tintes, auga e vasos de plástico!
Pasámolo moi ben!
Aquí tedes algunhas fotos...



Despois de experimentar coas mesturas de cores, fixeron debuxos do que máis lles gustou.
Aquí tedes o resultado.

Fixemos mil e unha mesturas... probamos un montón de posibilidades!


mayo 12, 2010

Cuentilandia.


Aquí tedes o enlace a Cuentilandia, a páxina web de Marisa Moreno onde podedes atopar contos e poesías para nenos e nenas.


Pincha na imaxe para acceder á páxina.


mayo 05, 2010

Charlie e a fábrica de chocolate.

O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran os doces máis sabedoiros que se poidan imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor… Unha fábrica na que ningún estraño entrou nos últimos quince anos, e para a que se busca herdeiro.
Charlie Bucket, un rapaz de bo corazón que procede dunha familia moi pobre e vive á sombra da extraordinaria fábrica de chocolate, atopará un dos billetes máxicos, converténdose nun dos rapaces afortunados que entren nese lugar marabilloso.
Esta será unha visita que mudará a súa vida para sempre.
O humor, unha narración eficaz e económica, así como a tenrura para caracterizar un conxunto de personaxes adultos e infantís, singularizan esta obra considerada como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos.
Pasa por ser a novela máis famosa de Roald Dahl, a primeira da serie que terá como protagonistas a Charlie e ao señor Wonka e que terá continuación en Charlie e o grande ascensor de cristal.
Foi traducida a múltiples linguas. A súa adaptación cinematográfica, protagonizada por Johnny Depp e dirixida por Tim Burton, estreouse no verán do 2005.

mayo 03, 2010

Aquiles o puntiño.

Un dos temas que máis curiosidade lles suscita aos lectores cando son moi novos é a orixe das cousas. A eterna pregunta do “porqué” está en boca de todos os nenos e nenas, acompáñaos dende a nenez ata a madurez. Aquiles representa á perfección ese papel inquedo, que o leva a transformarse continuamente: faise crecer os ollos, a boca, o nariz, as orellas, os brazos e as pernas; todos coa función de ir máis aló, de experimentar vivencias novas, de crecer como ser vivo e coñecer todo o que lle rodea.
Contemplar o que lle rodea, explorar o seu contorno, gozar coas pequenas cousas da vida, experimentar sensacións como a felicidade, e enriquecerse día a día en emocións e sentimentos, son algunhas das cousas que nos invita a compartir Aquiles e polo que paga a pena coñecelo.