Mostrando entradas con la etiqueta información. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta información. Mostrar todas las entradas

febrero 26, 2011

Salón Libro Infantil


Un ano máis, Pontevedra celebra o salón do Libro Infantil e Xuvenil, esperamos que con tanto éxito coma sempre.
E convídannos a participar na presentación-homenaxe a Gloria Sánchez, na que actuarán o grupo infantil que seguro coñecedes "Mamá Cabra".
O sábado 5 de marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Se podedes, non o perdades!

febrero 24, 2011

Aniversario dunha Persoa Histórica

Hoxe cumple 174 anos de vida... porque hai 174 anos que naceu en Santiago de Compostela alguén que nunca morreu para as cabezas de moita xente.

Se ben tod@s coñeceredes a súa obra para adultos, gustaríanos animarvos a coñece-los achegamentos que Rosalía fixo para os primeiros lectores. Esta imaxe lévavos directamente á web da súa fundación, onde ó mellor podedes atopar algo interesante; ou incluso podedes ir visita-la Casa-Museo da "figueiriña que eu prantei".


febrero 21, 2011

Acto das Linguas

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, presidirán o luns o acto de conmeración do Día Internacional da Lingua Materna que terá lugar no Centro Cultural da Deputación ourensá. O obxectivo desta celebración, instituída pola UNESCO en 1999, é impulsar a práctica das linguas maternas en todo o mundo e, en especial, as das minorías, por seren aquelas que se encontran nunha situación máis difícil.

Con este motivo, a Xunta de Galicia quere sumarse á conmemoración deste día e contribuír co galego, a lingua propia da comunidade, ao patrimonio lingüístico e cultural da humanidade. Polo mesmo, tamén forma parte desta celebración a promoción do respecto e do interese por todos os idiomas para favorecer unha actitude positiva cara á riqueza lingüística do mundo.
O evento terá lugar o propio 21 deste mes, ás 20:00 horas, no Centro Cultural da Deputación de Ourense.

(Info: http://www.edu.xunta.es/)

noviembre 22, 2010

Literatura para Adultos

O autor de "El niño del pijama de rayas" e "Motín en la Bounty" volve a amosa-la súa facilidade para relatar feitos históricos mesturados con fantasía realista.

Desta vez, o personaxe Georgi Danilovich Yáchmenev amósanos o tempo do Tsar Nicolás II e os Romanov e os tempos que precederon á revolución bolchevique mesturados cunha conmovedora traxedia íntima na que o final se agocha ata as últimas liñas.

junio 16, 2009

As linguas suman!



A coordinadora de equipos de normalización lingüística sacou a semana pasada, e co fin de informar ás familias acerca das vantaxes evidentes de ter dous idiomas -vantaxes recoñecidas pola comunidade científica, e recollidas no comunicado que, á súa vez, ven de facer público o Colexio oficial de psicólogos de Galicia- ese tríptico que aí vedes.
En contra do que se di desde algúns sectores, o tríptico non ten unha intención adoctrinante, senón informativa.
Así, limítase a constatar feitos recollidos no informe PISA, como que o alumnado de comunidades con dous idiomas, como a nosa, obtén mellores resultados tamén en inglés e en castelán.
E é que o feito de dispoñer de dous idiomas desde a infancia flexibiliza o cerebro, faino máis dúctil e facilítalle a aprendizaxe dun terceiro.
Non se entende, pois, o intento de prohibir a súa difusión, xa que...a quen lle pode interesar que as familias que poden participar na "sondaxe" non teñan información?
Nós, pola contra, cremos que a información, neste caso e en calquera outro, facilita a elección. Canto máis sabemos acerca dun tema, mellor podemos decidir ao respecto.
A información fai ás persoas máis libres.
Acaso a alguén non lle interesa que o sexan?