Mostrando entradas con la etiqueta exposicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta exposicións. Mostrar todas las entradas

febrero 26, 2011

Salón Libro Infantil


Un ano máis, Pontevedra celebra o salón do Libro Infantil e Xuvenil, esperamos que con tanto éxito coma sempre.
E convídannos a participar na presentación-homenaxe a Gloria Sánchez, na que actuarán o grupo infantil que seguro coñecedes "Mamá Cabra".
O sábado 5 de marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Se podedes, non o perdades!

enero 27, 2011

Exposición Non Violencia


Esta é unha recompilación dos volumes que temos na biblioteca escolar sobre temas transversais e de coeducación. Xa sabedes que podedes achegarvos á escola para velos e compartilos con nós!

octubre 15, 2010

En marcha!

Comeza o outono, o mes do samaín, caen noces e castañas... e no cole tratamos todos estes temas tamén dende a biblioteca: visitade a nosa exposición temática, que serve ás aulas para ter á man os nosos fondos sobre a temática do primeiro trimestre.

abril 28, 2010

DÍA DO LIBRO

E por fin chegou o gran día!
A nosa exposición está aberta desde este venres!
Que podedes atopar na exposición? Un montón de cousas!
-Os logos da campaña "e ti, para que les?" decorados polos nenos e nenas da escola.
- Expositor de libros infantís.
-Expositor de libros para adultos, recomendados polo persoal da escola.
-As follas de "Para que les?" cubertas polas familias.
-As follas de "Para que les?" elaboradas nas aulas.
-Barquiños pequeneiros decorando toda a escola.







mayo 07, 2009

XÓVENES PROMESAS DA ILUSTRACIÓN

Tal e como comentáramos nunha entrada anterior, estivemos a facer no cole as árbores dos nosos álbums favoritos.
As follas destas árbores son unhas follas moi especiais: as portadas que o noso alumnado foi creando para os seus libros preferidos.
Como vedes, podemos presumir de xóvenes promesas, nesto da ilustración...
Agardemos que as follas destas árbores sexan perennes, que arraiguen na súa memoria contiribuíndo a consolidar o hábito lector.

mayo 06, 2009

Caligramas


Xogando coas palabras e as imaxes, fixemos caligramas.
De golfiños, caracois, pingas de auga...
Queres velos todos?
Pois pincha na imaxe!!

enero 27, 2009

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

Para a celebración do día da paz, nesta ocasión partiremos do documento do Manifesto 2000, adaptándoo á idade do noso alumnado. Cada aula traballará os contos propostos e engadirá algún máis á lista.
Logo, os traballos feitos expoñeranse nos corredores: murais, debuxos, colaxes...
Tamén faremos educación documental: cada aula elixirá unha persoa que teña recibido o premio Nobel e buscará, cos rapaces, información moi sinxela ao respecto. Posteriormente poñerémola en tarxetas que engadiremos ao panel preparado. Os datos poderían ser: imaxe da persoa, datas biográficas, localización xeográfica, actividade pola que se lle concedeu o premio...
Así mesmo, todos os grupos traballarán sobre o conto "DOUS MONSTROS", de David McKee. Prepararemos no corredor un panel para colocar todas as interpretacións e colaboracións do alumnado sobre este álbum.
Prometo poñer testemuñas gráficas de todo isto!!