Mostrando entradas con la etiqueta día da paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día da paz. Mostrar todas las entradas

febrero 04, 2011

Os Maiores Queremos Paz


Da colección "Súper Preguntas" de Edebé, o libro está formulado pensando n@s nen@s para axudarnos a achegarlles a eles/as esta reflexión.
Poderemos lelo conxuntamente cos nos@s fill@s maiores e, de paso, reflexionar tamén nós sobre algunhas das grandes preguntas da filosofía occidental a cerca deste tema.

Sempre está ben que nos paremos a pensar en que é e como poderiamos traballar e exerce-la convivencia...

enero 31, 2011

Día Paz Non Violencia on PhotoPeach

Presentación de Wangari

View more documents from aldeatotal.

Esta adaptación ó galego conseguímola da profe MariLuz, de cando no seu cole traballaron a historia real de Wangari. Moitas grazas por no-la deixar utilizar!

enero 30, 2011

E o Home fíxose Muller


Ediciones Ekaré achéganos a historia real de Wangari, unha muller keniata que de nena vive nun país, nunha aldea, verde e arbolada e cando chega de estudar fóra atópase cunha áfrica pobre e triste de espírito e de natureza.

Cun tono inxenuo, relátannos a vivencia dunha muller valente que conseguiu devolve-la cor verde esperanza a todo un pobo.

Wangari Maathai foi premio Nobel da Paz no ano 2004.

enero 27, 2011

Exposición Non Violencia


Esta é unha recompilación dos volumes que temos na biblioteca escolar sobre temas transversais e de coeducación. Xa sabedes que podedes achegarvos á escola para velos e compartilos con nós!

A Paz e as Árbores


Un libro que fala do valor dunha vontade decidida, vontade de prantar árbores como un acto de amor á terra e á humanidade.

E esa vontade fará cambia-la paisaxe.

Desta historia podemos aprender a nosa capacidade para transformar a realidade por moi imposible que semelle, por moi impotentes que poidamos sentirnos.

Un pequeno gran libro para todas as idades. Editorial Galaxia.

enero 24, 2011

Iguais e Diferentes


Nun vello colchón tirado no xardín hai un país no que viven uns bichiños todos iguais que un día se verán para celebrar un aniversario. Pero ese día descubrirán que son diferentes... Ou non!?...

Así que sendo iguais tamén son diferentes!? E sendo diferentes tamén son iguais?!

Seguindo coa temática do día da Paz e a Non Violencia, entrañable relato sobre a tolerancia e as diferenzas en "El país de las pulgas", de Ediciones Phaidon.

abril 11, 2010

Dicionario da PAZ



Presentámosvos o noso "Dicionario da Paz".
Entre todos e todas, escollimos palabras relacionadas coa Paz e buscamos definicións para esas palabras.
Aquí tedes algunhas definicións e as ilustracións que as acompañan!
Esperamos que vos guste tanto como a nós!

febrero 02, 2009

TRABALLOS POLA PAZ

Actividade febril no cole, ao alumnado gustáronlle as nosas propostas de traballo para a paz, e están que non paran...
Para mostra, un botón:



Chulo, eh? Queres ver máis?
Pincha na imaxe para ver o resto das fotos!

enero 27, 2009

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

Para a celebración do día da paz, nesta ocasión partiremos do documento do Manifesto 2000, adaptándoo á idade do noso alumnado. Cada aula traballará os contos propostos e engadirá algún máis á lista.
Logo, os traballos feitos expoñeranse nos corredores: murais, debuxos, colaxes...
Tamén faremos educación documental: cada aula elixirá unha persoa que teña recibido o premio Nobel e buscará, cos rapaces, información moi sinxela ao respecto. Posteriormente poñerémola en tarxetas que engadiremos ao panel preparado. Os datos poderían ser: imaxe da persoa, datas biográficas, localización xeográfica, actividade pola que se lle concedeu o premio...
Así mesmo, todos os grupos traballarán sobre o conto "DOUS MONSTROS", de David McKee. Prepararemos no corredor un panel para colocar todas as interpretacións e colaboracións do alumnado sobre este álbum.
Prometo poñer testemuñas gráficas de todo isto!!