Aínda que con certo retraso, non queriamos deixarvos de amosar esta presentación dun libro que descubrimos grazas ós nos@s compañeir@s de Raioteca, dende o CEIP de Andrade.
Porque o día da violencia machista é tódolos días.

Onte fumos ó antigo Cine Elma a ver un contacontos, convidados polo Concello e organizado pola Xunta de Galicia.
Quizais a peza non estaba moi adaptada a Infantil... pero pasárono tan ben tod@s!!! Era a primeira vez que saiamos con de 3 anos e foi xenial!!!
Deixámosvos unha pequena montaxe do proceso.
Pese a que o día da festa do Magosto non fixo moi bo tempo, algunhas actividades pódense facer chova, vente ou trone!!!
E entre elas están os títeres, que nos arrincaron algúns nervios e moitas risas...
Tamén podedes ve-las fotos do Magosto na web: os botes, as castañas, os tizóns...
Como xa dixemos, esta semana andivemos reorganizando e investigando a biblioteca... así que cando nos demos conta tiñamos un lote de libros novos sen amosarvos!
Por iso decidimos facer esta presentación, para que vaian todos dun tirón... (a calidade é regular, sabémolo... outro punto a mellorar.. jjjj)
Xa sabedes onde os podedes atopar: no estante de novidades!