abril 28, 2011

Teacher Cruz Conta

Onte a mestra de inglés contoulles á aula de 4 anos B un conto de Andersen que non é moi coñecido pero si moi bonito e cunha grande mensaxe implícita...
O libro que trouxo era enoooorme! E buscando buscando entre as súas follas, apareceu esta fermosa historia:


Aínda nos queda outra sesión de contacontos con outra profe!! Ademais, iremos colgando as sesións das outras clases (dúas cada unha).

abril 26, 2011

Día do Libro


Esta é unha pequena recompilación dos traballos que o alumnado da nosa escola fixeron nas casas para crear un libro-conmemoración de Hans Christian Andersen celebrando o día do libro.
Xa sabedes que podedes ver todos todos os debuxos no vestíbulo do centro. Animámosvos a visitala!

abril 23, 2011

Día do Libro

Hoxe celebramos o día do libro!
Dende a Biblioteca imos quentando motores compartindo con tod@s esta canción e esta presentación de cartaces de distintas institucións para o fomento da lectura, ademais de presentar unha recompilación de materiais para traballar co alumnado na aula que utilizaremos a próxima semana. Grazas á biblioteca do Víctor Sáez por facela e compartila con tod@s


abril 18, 2011

Día Mundial da Voz

Esta fin de semana celebrouse o Día Mundial da Voz. O seguinte enlace lévavos a unha páxina en portugués que nos ensina como funciona a voz.

Pero ademais da voz falada, dende a EEI Fernández Varela e a Biblioteca Escolar, quixemos lembrar outro tipo de voces, que aínda que non as escoitamos polo oído tamén serven para comunicarnos...

Sumando o día da voz e o mes dos libros, o día 15 de abril tivemos unha sesión de contacontos en lingua de signos. Á volta das vacacións amosarémosvos as fotografías.

abril 17, 2011

Visita á Biblioteca Municipal

Visita á Biblioteca Municipal on PhotoPeach


O xoves 14 de abril fomos andando en grupos de dúas clases á Biblioteca Municipal para que, quen decidiu nas casas, fixera o carné de socio. Ademais, o bibliotecario explicounos para que utilizan a biblioteca municipal, que fondos teñen, que podemos facer alí os/as nenos/as de educación infantil...

Pasámolo súper ben! Xa sabedes, cando queirades levarnos xa sabemos o camiño!

abril 15, 2011

Encontros de Bibliotecas Escolares



Os días 7 e 8 de abril as/os coordenadoras das Bibliotecas Escolares reuníronse en Santiago de Compostela para comparti-las experiencias anuais e debater da importancia, funcións, deberes... das Bibliotecas Escolares.

As experiencias están recollidas na páxina de Bibliotecas da Xunta de Galicia, á que podedes acceder premendo na imaxe.

abril 13, 2011

Semana da Acción Mundial pola Educación

Este ano, a CME (Campaña Mundial da Educación) centra as súas propostas didácticas de educación infantil na Educación en Igualdade, por iso, dende a biblioteca escolar, traballaremos a través dos nosos recursos e o noso horario esta proposta.
Para saber máis:
http://www.cme-espana.org/category/cc-aa/galicia
Historia para peques e adultos:

abril 07, 2011

Roberto Inocenti e o Álbum Ilustrado

Esta tarde celébranse en Compostela uns encontros con Roberto Inocenti, galardoado co máis prestixioso premio de Ilustración Infantil e Xuvenil, o "Hans Christian Andersen".
Ademais, formará parte mañá do xurado do Premio Compostela do Álbum Ilustrado... Estaremos atentas, a ver en que queda...

Día da Saúde

A saúde non é só curar enfermidades, senón previlas.




Por iso vos recomendamos este libro para adultos que nos

axuda a explicar certas normas de hixeñe ós peques.

E estes títulos difíciles de atopar se non se encargan:

para os máis peques, a colección de Edu (editorial Juventu)

amósalles entre as situacións diarias a de ir ó pediatra ou asearse

e para perde-lo medo ós dentistas e investiga-la boca,

Dientes, de Media Vaca.

abril 06, 2011

Aprendendo a usar o carné de biblioteca




Un ano máis, e atendendo ás celebracións do mes dos libros, imos ir visitar a biblioteca municipal e propoñémosvos que lles fagades o carné de socios/as ós alumnos/as da escola. Como vos explicabamos na nota que enviamos ás casas, aquí vos deixamos un monográfico para que vos acheguedes ó uso do MEIGA, un portal no que poderedes acceder co carné e conseguir información, bibliografía, xogos... Queda tamén rexitrado en "Recursos para Biblioteca".


O teu novo carné é como unha chave que che abre as portas dun mundo por descubrir. Pincha aí arriba e aprende a usar esa chave!

abril 04, 2011

Contos Virtuais

Seguindo coa celebración do Mes dos Libros e do Día internacional do Libro Infantil, animámosvos a achegarvos cos/as vosos/as peques a outra forma de ler e ver contos: os contos interactivos, enlazados na imaxe e que están tamén no apartado de "Xogando e Aprendendo".
Nesta páxina web terán a posibilidade de escoitar contos, ademais xa coñecidos por eles, pero cambiando algunha das súas partes (é dicir, que traballamos a famosa técnica dos "contos ó revés" de Gianni Rodari).

abril 02, 2011

Manifesto día Libro Infantil - OEPLI

“Cando Arno chegou á escola co seu pai, as clases xa comezaran.” No meu país, Estonia, case todo o mundo coñece esta frase de memoria. Así comeza un libro. O título do libro é “Primavera”, que se publicou en 1912 e foi escrito polo escritor estoniano Oskar Luts (1887 – 1953). “Primavera” narra a vida dos nenos dunha escola rural dun pobo de finais do século XIX en Estonia. Oskar Luts escribiu dos seus anos escolares. Arno é en realidade o mesmo Oskar Luts na súa infancia. Os investigadores estudan documentos antigos e escriben libros de historia segundo estes. Os libros de historia falan de sucesos que tiveron lugar algunha vez. Nos libros de historia un non entende ben como era a vida da xente corrente daquela época. Non obstante, os libros históricos costumistas lembran feitos que non atopamos nos documentos históricos, como por exemplo o que pensaba un rapaz como Arno cando hai cen anos ía á escola. O libro lembra os soños dos nenos, as súas dúbidas, os seus gustos e as súas afeccións. Tamén lembra aos pais dos nenos, como lles gustaría ter sido a eles e o que desexaban para o futuro dos seus fillos. Por suposto que hoxe en día tamén se poden escribir libros de tempos pasados e estes son adoito apaixonantes. Pero en realidade, un autor de agora non sente os olores, os sabores, os temores e os gustos dos tempos remotos. El xa sabe o que aconteceu, o que o porvir lle tiña velado á xente daquel tempo. Os libros lembran a época na que foron escritos. Coas novelas de Charles Dickens sabemos que lle parecía a un neno a veda nas rúas de Londres a mediados do século XIX, cando Oliver Twist paseaba por elas. A través dos ollos de David Copperfield –que eran os mesmos ollos de Dickens- tamén nós vemos toda clase de tipos que vivían na Inglaterra de mediados do século XIX, cales eran as relacións entre eles e cales eran as ideas e emocións nas que se fundamentaban. Como David Copperfield é en gran medida Charles Dickens, este non tivo que inventar nada; el simplemente sabía. Os libros dannos a coñecer o que realmente sentían Tom Sawyer, Huckleberry Finn e o seu amigo Jim ao navegar polo Mississippi a finais do século XIX, no momento no que Mark Twain narraba as súas aventuras: el coñecía profundamente o que a xente da súa época pensaba dos demais, porque el mesmo vivía entre eles. El era un deles. As obras literarias que foron escritas na súa mesma época, cando a xente daquel tempo aínda vivía, son as que falan de xeito máis auténtico da xente do pasado. O libro lembra. Aino Pervik Tradución ó galego de Francisco Castro. http://www.oepli.org/pag/gl/dia.php

Mes dos Libros

Este mes temos no centro unha exposición de Hans Christian Andersen, sen dúbida un dos escritores que marcou as historias clásicas infantís, aínda que fora con versións dos seus orixinais.


E comezamos celebrando o día internacional do libro infantil, para o cal pedimos a vosa colaboración, ides ver o proveitoso e satisfactorio que resulta o traballo cos libros en educación infantil. A idea é que realicedes actividade en relación ás que levamos a cabo dende o centro na que vos pedimos que ilustredes a portada do conto que imos a traballar nas aulas e que logo pasará ós andeis da Biblioteca.



Feliz lectura.

abril 01, 2011

Concienciados sobre o Autismo

Para os peques, para que compartan e entendendan que non tódalas cabezas pensan igual ou escoitan igual ou falan igual... Presentámosvos a Xandre, unha personaxe creada dende a asociación TADEGA
.

E para que nós, que nos custa máis, vexamos o que é, quito este vídeo do blog dunha mamá cun neno con autismo, que ó mellor non é moi pedagóxico pero sí ten cousas interesantes como alento ou apoio psicolóxico (mamijul).