Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional do Libro Infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional do Libro Infantil. Mostrar todas las entradas
abril 26, 2011
Día do Libro
Esta é unha pequena recompilación dos traballos que o alumnado da nosa escola fixeron nas casas para crear un libro-conmemoración de Hans Christian Andersen celebrando o día do libro.
Xa sabedes que podedes ver todos todos os debuxos no vestíbulo do centro. Animámosvos a visitala!
Etiquetas:
abril,
Día Internacional do Libro Infantil
abril 04, 2011
Contos Virtuais
Seguindo coa celebración do Mes dos Libros e do Día internacional do Libro Infantil, animámosvos a achegarvos cos/as vosos/as peques a outra forma de ler e ver contos: os contos interactivos, enlazados na imaxe e que están tamén no apartado de "Xogando e Aprendendo".
abril 02, 2011
Manifesto día Libro Infantil - OEPLI
“Cando Arno chegou á escola co seu pai, as clases xa comezaran.” No meu país, Estonia, case todo o mundo coñece esta frase de memoria. Así comeza un libro. O título do libro é “Primavera”, que se publicou en 1912 e foi escrito polo escritor estoniano Oskar Luts (1887 – 1953). “Primavera” narra a vida dos nenos dunha escola rural dun pobo de finais do século XIX en Estonia. Oskar Luts escribiu dos seus anos escolares. Arno é en realidade o mesmo Oskar Luts na súa infancia. Os investigadores estudan documentos antigos e escriben libros de historia segundo estes. Os libros de historia falan de sucesos que tiveron lugar algunha vez. Nos libros de historia un non entende ben como era a vida da xente corrente daquela época. Non obstante, os libros históricos costumistas lembran feitos que non atopamos nos documentos históricos, como por exemplo o que pensaba un rapaz como Arno cando hai cen anos ía á escola. O libro lembra os soños dos nenos, as súas dúbidas, os seus gustos e as súas afeccións. Tamén lembra aos pais dos nenos, como lles gustaría ter sido a eles e o que desexaban para o futuro dos seus fillos. Por suposto que hoxe en día tamén se poden escribir libros de tempos pasados e estes son adoito apaixonantes. Pero en realidade, un autor de agora non sente os olores, os sabores, os temores e os gustos dos tempos remotos. El xa sabe o que aconteceu, o que o porvir lle tiña velado á xente daquel tempo. Os libros lembran a época na que foron escritos. Coas novelas de Charles Dickens sabemos que lle parecía a un neno a veda nas rúas de Londres a mediados do século XIX, cando Oliver Twist paseaba por elas. A través dos ollos de David Copperfield –que eran os mesmos ollos de Dickens- tamén nós vemos toda clase de tipos que vivían na Inglaterra de mediados do século XIX, cales eran as relacións entre eles e cales eran as ideas e emocións nas que se fundamentaban. Como David Copperfield é en gran medida Charles Dickens, este non tivo que inventar nada; el simplemente sabía. Os libros dannos a coñecer o que realmente sentían Tom Sawyer, Huckleberry Finn e o seu amigo Jim ao navegar polo Mississippi a finais do século XIX, no momento no que Mark Twain narraba as súas aventuras: el coñecía profundamente o que a xente da súa época pensaba dos demais, porque el mesmo vivía entre eles. El era un deles. As obras literarias que foron escritas na súa mesma época, cando a xente daquel tempo aínda vivía, son as que falan de xeito máis auténtico da xente do pasado. O libro lembra. Aino Pervik Tradución ó galego de Francisco Castro. http://www.oepli.org/pag/gl/dia.php
Etiquetas:
Día Internacional do Libro Infantil
Mes dos Libros
Este mes temos no centro unha exposición de Hans Christian Andersen, sen dúbida un dos escritores que marcou as historias clásicas infantís, aínda que fora con versións dos seus orixinais.
E comezamos celebrando o día internacional do libro infantil, para o cal pedimos a vosa colaboración, ides ver o proveitoso e satisfactorio que resulta o traballo cos libros en educación infantil. A idea é que realicedes actividade en relación ás que levamos a cabo dende o centro na que vos pedimos que ilustredes a portada do conto que imos a traballar nas aulas e que logo pasará ós andeis da Biblioteca.
Feliz lectura.
abril 01, 2011
Concienciados sobre o Autismo
Para os peques, para que compartan e entendendan que non tódalas cabezas pensan igual ou escoitan igual ou falan igual... Presentámosvos a Xandre, unha personaxe creada dende a asociación TADEGA
.
E para que nós, que nos custa máis, vexamos o que é, quito este vídeo do blog dunha mamá cun neno con autismo, que ó mellor non é moi pedagóxico pero sí ten cousas interesantes como alento ou apoio psicolóxico (mamijul).
.
E para que nós, que nos custa máis, vexamos o que é, quito este vídeo do blog dunha mamá cun neno con autismo, que ó mellor non é moi pedagóxico pero sí ten cousas interesantes como alento ou apoio psicolóxico (mamijul).
Etiquetas:
coeducacion,
Día Internacional do Libro Infantil,
vídeo
abril 05, 2010
2 de abril (II)

O reverso do cartel que distribúe a OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) recolle a relación de centros educativos que se sumaron á celebración deste día mediante accións específicas.... E estamos nós!
Eliacer Cansino
Tradución Ánxela Gracián
As actividades que levaremos a cabo consistirán na lectura da mensaxe e algunha que outra sorpresa....
Aquí vos deixamos un avance da mensaxe...
UN LIBRO ESPERA POR TI; BÚSCAO!
Había unha vez
un barquiño pequeneiro,
que non sabía,
que non podía
navegar.
Había unha vez
un barquiño pequeneiro,
que non sabía,
que non podía
navegar.
Pasaron unha, dúas, tres,
catro, cinco, seis semanas,
e aquel barquiño,
e aquel barquiño
navegou.
Apréndese a xogar antes que a ler. E a cantar. Os nenos da miña terra entoabamos esta canción cando aínda ningún de nós sabiamos ler. Xuntabámonos en roda na rúa e, disputándonos as voces cos grilos do verán, cantabamos unha e outra vez a impotencia do barquiño que non sabía navegar.
Ás veces fabricabamos barquiños de papel e poñiámolos nas pozas e os barquiños afondaban sen conseguir alcanzar costa ningunha. (…)
catro, cinco, seis semanas,
e aquel barquiño,
e aquel barquiño
navegou.
Apréndese a xogar antes que a ler. E a cantar. Os nenos da miña terra entoabamos esta canción cando aínda ningún de nós sabiamos ler. Xuntabámonos en roda na rúa e, disputándonos as voces cos grilos do verán, cantabamos unha e outra vez a impotencia do barquiño que non sabía navegar.
Ás veces fabricabamos barquiños de papel e poñiámolos nas pozas e os barquiños afondaban sen conseguir alcanzar costa ningunha. (…)
Eliacer Cansino
Tradución Ánxela Gracián
Seguiremos informando!
abril 04, 2010
2 de abril
Todos os anos, o 2 de abril, o IBBY (International Board on Books for Young People) celebra o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL co fin de conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Cada ano é un país membro da Organización Internacional o encargado de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo.Para 2010, a sección de España distribúe o cartel de Noemi Villamuza e a mensaxe de Eliacer Cansino traducida ao galego por Ánxela Gracián.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

