A coordinadora de equipos de normalización lingüística sacou a semana pasada, e co fin de informar ás familias acerca das vantaxes evidentes de ter dous idiomas -vantaxes recoñecidas pola comunidade científica, e recollidas no comunicado que, á súa vez, ven de facer público o Colexio oficial de psicólogos de Galicia- ese tríptico que aí vedes.
En contra do que se di desde algúns sectores, o tríptico non ten unha intención adoctrinante, senón informativa.
Así, limítase a constatar feitos recollidos no informe PISA, como que o alumnado de comunidades con dous idiomas, como a nosa, obtén mellores resultados tamén en inglés e en castelán.
E é que o feito de dispoñer de dous idiomas desde a infancia flexibiliza o cerebro, faino máis dúctil e facilítalle a aprendizaxe dun terceiro.
Non se entende, pois, o intento de prohibir a súa difusión, xa que...a quen lle pode interesar que as familias que poden participar na "sondaxe" non teñan información?
Nós, pola contra, cremos que a información, neste caso e en calquera outro, facilita a elección. Canto máis sabemos acerca dun tema, mellor podemos decidir ao respecto.
A información fai ás persoas máis libres.
Acaso a alguén non lle interesa que o sexan?
No hay comentarios:
Publicar un comentario