Mostrando entradas con la etiqueta normas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta normas. Mostrar todas las entradas

junio 11, 2009

As normas da nosa biblioteca



Unha parte importante do programa de formación de usuari@s é a relativa ás normas para estar na biblioteca.
Como xa comentamos nunha entrada anterior, partimos do libro "León de biblioteca", para facerlles chegar dunha maneira lúdica e máis accesible cal é o comportamento adecuado nunha biblioteca.
Estes dias, Berta estivo traballando arreo e fíxonos para a biblioteca ese panel grandote que vos deixo aí arriba. Tamén fixo cadanseu cartel en máis pequeno para ter en todas as aulas.
Como vedes, as normas aparecen todas en positivo.
Ademais, nos debuxos que hai a ambos lados de cada unha reflíctese tanto a conduta desexable como a non pertinente.
Así, entre palabras e debuxos, a mensaxe irá pouco a pouco calando nesas cabeciñas...
Grazas, Berta, polo teu esforzo!

mayo 04, 2009

León de biblioteca

Un aspecto fundamental na formación de usuarios é a aprendizaxe das normas básicas dunha biblioteca.
Como a transmisión de normas así, a pau seco, parécese bastante á inxestión de xarope de rícino, decidimos utilizar este precioso libro para facerlle entender ao noso público miúdo cal é o comportamento que se espera que teñan na biblioteca.
As súas imaxes sérvennos para recordarlles o que cómpre facer e o que convén evitar cando entramos nunha biblioteca.
Xa case estamos feitos uns leóns de biblioteca!!!