noviembre 08, 2009

E para os maiores... Cometas en el cielo.

Primeiro libro de Khaled Hosseini, médico musulmán que fuxiu a Estados Unidos despois da entrada dos talibáns. Dalgunha forma podemos pensar nun relato autobiográfico.
Está ambientado en Afganistán
(1975) durante a invasión rusa previa aos talibáns. A novela narra a vida de dous nenos afganos -Amir e Hassan- e constrúe unha impresionante historia de encontro-desencontro, amizade-traición, na que destaca un fío condutor no libro: o arrepentimento do protagonista.
Cometas en el cielo vai crecendo en intensidade, aínda que atrapa desde a primeira páxina, non hai nada superfluo. Mantén en todo momento un ritmo sostido que nos vai conmovendo.
Recolle momentos duros e sanguentos, pero se trata dunha violencia medida, coa contrapartida dunha dose justa de tenrura.

Sorprende a prosa de Hosseini, ao tratarse da súa primeira obra e a facilidade para crear ambientes.
Un libro que nos axuda a comprender mellor os sufrimentos e os sentimentos do pobo afgano.

En marzo de 2008 estrenouse a película baseada nesta novela. Podedes ver o trailer pinchando aquí.

2 comentarios:

olga dijo...

Teñoo en lista de espera. Acabo de rematar: Mil soles expléndidos e tiven que ir á rede confirmar que o autor, efectivamente era un home. Tal é a súa virtuosidade describindo os mundos femininos.

Equipo Biblio dijo...

Este é anterior a "Mil soles espléndidos".
Asegúroche que paga a pena lelo!
Grazas por comentar Olga!