Afeitos a percibir o mundo por medio de imaxes visuais, é moi difícil comprender como se pode vivir sen ver.
Para entendelo, a autora imaxina a amizade entre dous nenos, un deles, Tomás, é cego. O seu amigo conta como Tomás é capaz de ulir, tocar, oír e saborear as cores mentres el só os ve.
O libro, totalmente en negro para introducir ao lector ao mundo dos cegos. Inclúe o texto impreso e en braille, así como ilustracións en relevo para seren lidas e tocadas.
“El libro negro de los colores” (Ed. Tecolote) de Menena Cottin e Rosana Faría é unha obra singular sobre a percepción da cor, que mereceu o 1º premio na categoría Novos Horizontes, outorgado pola Feira do Libro Infantil de Bologna 2007.
abril 30, 2010
El libro negro de los colores.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario