Reunímonos todos e todas no ximnasio porque a sorpresa estaba agardando por nós!
Era... a maleta da
Señora dos Libros!A profe Aurora leunos unha carta que nos anima a ler e vivir os contos...
Cantamos con ela "O barquiño pequeneiro" e nos fixo un de papel!

Tamén nos presentou a unha contacontos moi especial, que nos veu contar a historia da Bruxa Brunilda e o seu gato Bruno.
Grazas a variña máxica da Señora dos Libros, apareceron uns regaliños na maleta!
Iso si,para que apareceran, precisou a axuda da variña máxica da profe Cruz e dos conxuros de Brunilda!

No hay comentarios:
Publicar un comentario