junio 29, 2009

Revista escolar



Vén de saír a revista do cole deste curso.
Aquí vola deixo para que lle botedes un ollo.
Merece a pena, hai colaboracións moi interesantes, e...que vos podo decir dos autores, ese fato de xente miúda e coa cabeza -afortunadamente- aínda chea de paxariños!
Disfrutádea!

junio 16, 2009

As linguas suman!



A coordinadora de equipos de normalización lingüística sacou a semana pasada, e co fin de informar ás familias acerca das vantaxes evidentes de ter dous idiomas -vantaxes recoñecidas pola comunidade científica, e recollidas no comunicado que, á súa vez, ven de facer público o Colexio oficial de psicólogos de Galicia- ese tríptico que aí vedes.
En contra do que se di desde algúns sectores, o tríptico non ten unha intención adoctrinante, senón informativa.
Así, limítase a constatar feitos recollidos no informe PISA, como que o alumnado de comunidades con dous idiomas, como a nosa, obtén mellores resultados tamén en inglés e en castelán.
E é que o feito de dispoñer de dous idiomas desde a infancia flexibiliza o cerebro, faino máis dúctil e facilítalle a aprendizaxe dun terceiro.
Non se entende, pois, o intento de prohibir a súa difusión, xa que...a quen lle pode interesar que as familias que poden participar na "sondaxe" non teñan información?
Nós, pola contra, cremos que a información, neste caso e en calquera outro, facilita a elección. Canto máis sabemos acerca dun tema, mellor podemos decidir ao respecto.
A información fai ás persoas máis libres.
Acaso a alguén non lle interesa que o sexan?

junio 15, 2009

E para maiores: Pirata


"Para algunhas xentes, unha bandeira é un anaco de tea. Para nós é unha forma de falar. Unha forma de expresar o tipo de vida que levamos e o tipo de vida que queremos".

Vén de ver a luz Pirata, a última novela de María Reimóndez; tradutora e intérprete de profesión, feminista por convicción e implicada no desenvolvemento (foi a principal impulsora do nacemento desta ONG)
Nestes tempos nos que para que te consideren pirata abonda con que teñas o e-mule no teu ordenador, María Reimóndez tráenos unha historia refrescante e reivindicativa que fala das ansias de liberdade e da busca da identidade en clave feminina.
Se o final é ou non un happy end como o de "O club da calceta", teredes que averigualo botándolle o dente ao libro.
En calquera caso, a quen lle reprocha ese final de conto de fadas da súa anterior novela, María replícalle que non é un final afastado da realidade. Ela di ter vivido, dende o seu traballo na ONG antes mencionada, historias así de gratificantes.
Será que, como di Jorge Drexler, cada un recibe o que dá...

junio 11, 2009

Recomendamos: Don Pol e o pequeno Pin



Don Pol, o vello polbo, non dá creto cando Pin, o cangrexo ermitán, lle pide que o coma...nunca o menú se lle ofrecera de modo tan directo!!
A cousa é que Pin anda un pouco deprimido, porque se sente diferente ao resto dos cangrexos, e don Pol trata de animalo con bos argumentos.
Pero Pin está deprimido, ou é unha estrataxema para escapar dos tentáculos de Pol??
E ata aquí podo ler, señoras e señores, deste precioso conto, escrito por Max Portela e ilustrado por Rodrigo Chao que edita Baía.
O resto mirádeo no libro!

As normas da nosa biblioteca



Unha parte importante do programa de formación de usuari@s é a relativa ás normas para estar na biblioteca.
Como xa comentamos nunha entrada anterior, partimos do libro "León de biblioteca", para facerlles chegar dunha maneira lúdica e máis accesible cal é o comportamento adecuado nunha biblioteca.
Estes dias, Berta estivo traballando arreo e fíxonos para a biblioteca ese panel grandote que vos deixo aí arriba. Tamén fixo cadanseu cartel en máis pequeno para ter en todas as aulas.
Como vedes, as normas aparecen todas en positivo.
Ademais, nos debuxos que hai a ambos lados de cada unha reflíctese tanto a conduta desexable como a non pertinente.
Así, entre palabras e debuxos, a mensaxe irá pouco a pouco calando nesas cabeciñas...
Grazas, Berta, polo teu esforzo!

junio 09, 2009

As avoas contan moito



O tempo foi pasando (xa sabedes canto corre a finais de curso), e unha entrada que tería que estar aquí xa hai uns días vai hoxe...
Foi, tamén, durante a Semana das Letras Galegas.
Veu polo cole a avoa de Pedro e puxo a toda a rapazallada a soñar, cos seus contos.
É que, dicídeme a verdade...quen mellor que unha avoa para contar contos?
Aí vos quedan as fotos, na correspondente galería.

junio 04, 2009

Actividades de formación de usuari@s



Eso que vedes aí son as fichas do noso programa de formación de usuari@s para a biblioteca.
Como vedes, nelas trabállanse distintos conceptos relacionados co uso da biblioteca (normas, partes dun libro, ficha técnica, editorial, isbn, protagonistas...).
Aquí vos quedan, por se vos aportan algunha idea para o voso traballo...