mayo 12, 2010

Cuentilandia.


Aquí tedes o enlace a Cuentilandia, a páxina web de Marisa Moreno onde podedes atopar contos e poesías para nenos e nenas.


Pincha na imaxe para acceder á páxina.


mayo 05, 2010

Charlie e a fábrica de chocolate.

O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran os doces máis sabedoiros que se poidan imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor… Unha fábrica na que ningún estraño entrou nos últimos quince anos, e para a que se busca herdeiro.
Charlie Bucket, un rapaz de bo corazón que procede dunha familia moi pobre e vive á sombra da extraordinaria fábrica de chocolate, atopará un dos billetes máxicos, converténdose nun dos rapaces afortunados que entren nese lugar marabilloso.
Esta será unha visita que mudará a súa vida para sempre.
O humor, unha narración eficaz e económica, así como a tenrura para caracterizar un conxunto de personaxes adultos e infantís, singularizan esta obra considerada como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos.
Pasa por ser a novela máis famosa de Roald Dahl, a primeira da serie que terá como protagonistas a Charlie e ao señor Wonka e que terá continuación en Charlie e o grande ascensor de cristal.
Foi traducida a múltiples linguas. A súa adaptación cinematográfica, protagonizada por Johnny Depp e dirixida por Tim Burton, estreouse no verán do 2005.

mayo 03, 2010

Aquiles o puntiño.

Un dos temas que máis curiosidade lles suscita aos lectores cando son moi novos é a orixe das cousas. A eterna pregunta do “porqué” está en boca de todos os nenos e nenas, acompáñaos dende a nenez ata a madurez. Aquiles representa á perfección ese papel inquedo, que o leva a transformarse continuamente: faise crecer os ollos, a boca, o nariz, as orellas, os brazos e as pernas; todos coa función de ir máis aló, de experimentar vivencias novas, de crecer como ser vivo e coñecer todo o que lle rodea.
Contemplar o que lle rodea, explorar o seu contorno, gozar coas pequenas cousas da vida, experimentar sensacións como a felicidade, e enriquecerse día a día en emocións e sentimentos, son algunhas das cousas que nos invita a compartir Aquiles e polo que paga a pena coñecelo.

abril 30, 2010

El libro negro de los colores.

Afeitos a percibir o mundo por medio de imaxes visuais, é moi difícil comprender como se pode vivir sen ver.
Para entendelo, a autora imaxina a amizade entre dous nenos, un deles, Tomás, é cego. O seu amigo conta como Tomás é capaz de ulir, tocar, oír e saborear as cores mentres el só os ve.
O libro, totalmente en negro para introducir ao lector ao mundo dos cegos. Inclúe o texto impreso e en braille, así como ilustracións en relevo para seren lidas e tocadas.
“El libro negro de los colores” (Ed. Tecolote) de Menena Cottin e Rosana Faría é unha obra singular sobre a percepción da cor, que mereceu o 1º premio na categoría Novos Horizontes, outorgado pola Feira do Libro Infantil de Bologna 2007.

abril 29, 2010

Mi planta de naranja-lima.

Entre os libros para adultos recomendados na exposición do Día do Libro temos este libro do escritor brasileiro José Mauro de Vasconcelos.
É a historia dun neno de cinco anos chamado Zoé . O protagonista ten un tío, Edmundo, que é moi sabio e é quen lle ensina como é a vida.

abril 28, 2010

DÍA DO LIBRO

E por fin chegou o gran día!
A nosa exposición está aberta desde este venres!
Que podedes atopar na exposición? Un montón de cousas!
-Os logos da campaña "e ti, para que les?" decorados polos nenos e nenas da escola.
- Expositor de libros infantís.
-Expositor de libros para adultos, recomendados polo persoal da escola.
-As follas de "Para que les?" cubertas polas familias.
-As follas de "Para que les?" elaboradas nas aulas.
-Barquiños pequeneiros decorando toda a escola.







abril 25, 2010

O BARQUIÑO PEQUENEIRO

Lembrades o encargo que nos deixou a Señora dos Libros?
Tiñamos que crear unha historia que empezara como a súa canción favorita!
"Había unha vez un barquiño pequeneiro"
Esta é a historia que inventaron os nenos e nenas de 4B.
Esperamos que vos guste!

abril 20, 2010

Preparando o día do libro...

Xa queda pouco para que chegue o Día Mundial do Libro.
Aquí temos información útil sobre este día.
Pincha na imaxe para acceder á páxina web da UNESCO.

abril 19, 2010

Todos a ler!

Grazas á bilio do CEIP Milladoiro de Malpica!

abril 16, 2010

Conta Fran.




Nova visita na clase de 3B.
Fran, pai de Lucía veu contarnos "Onde viven os monstros".
Aquí tedes imaxes do contacontos na biblio da escola.