enero 19, 2010

O cabo do mundo

Recomendación para os maiores da casa...

«Que farías se non che quedase nada de vida?» Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal. Comeza así a súa procura do esencial da vida, unha investigación centrada en dúas teimas do pasado relacionadas co seu pai e coa muller que sempre amou. A urxente busca de si mesmo achegarao sen remisión ao cerne dun segredo amoroso e duns cruentos e agochados sucesos da represión franquista levada a cabo polas «brigadas do amencer» nas ribeiras Miño. Partindo dunha minuciosa investigación histórica, mesturando realidade e ficción, atesourando un extraordinario alento narrativo e unha prosa vizosa e moi fluída, reaparece Xabier Quiroga cunha novela memorable que nos conduce a outro suxestivo espazo literario onde a memoria e a identidade se confunden: O Cabo do Mundo.

Grisela


Grisela é unha ratiña que un día se sintiu triste...

Grisela decidiu probar a pintarse con todas as cores, pero non se sentía mellor pintándose de ningunha... nin vermello, nin verde, nin amarelo, nin a raias, nin de flores. Ademais os animais, como a oca, xoaniñas ou a cebra, rinse dela ao vela pintada con esas extrañas cores e raias. Fuxindo dunhas abellas Grisela tírase á auga, onde quizáis atopará a felicidade.

Un relato sinxelo e curioso sobre a importancia de ser un mesmo e non imitar aos demais.

O texto compleméntase con imaxes divertidas de Grisela e os animais que se van atopando.

Trátase dun fermoso álbum ilustrado para os primeiros lectores, emotivo e sensible, que lles axudará a adquirir seguridade e autonomía a través da lectura.

enero 13, 2010

Montserrat Sarto


O pasado 31 de decembro morreu, aos 90 anos, Montserrat Sarto Canet, periodista, especialista en literatura e prensa infantil e xuvenil, e tradutora de libros para pequenos.

Montserrat Sarto dedicou grande parte do seu traballo á investigación e difusión de estratexias de animación á lectura e formación de bibliotecarios mediante a organización de cursos, xornadas de traballo e seminarios, tanto en España como en Iberoamérica, Xapón e outros países estranxeiros. Entre outros premios, recibiu en 1981 o Premio Nacional de Prensa Infantil por actividades periodísticas relacionadas coa infancia e a mocidade, e en 1993 concedéronlle o Premio IBBY-Asahi polas súas aportacións á animación da lectura e á formación bibliotecaria.

enero 12, 2010

Para botar unhas risas...



Parodia de José Mota do programa "Callejeros", onde descubrimos a xente cunha "adición" moi peculiar!

enero 04, 2010

Guía de Nadal


Aquí tedes un tríptico cheo de ideas para regalar e ser regalados en Nadal.
Esperamos que vos gusten!

diciembre 13, 2009

Os de 4 na biblioteca

Aquí tedes aos de 4 anos na biblio.
Os sofás son a súa zona favorita para ler libros, así que se teñen que turnar!
Estiveron debuxando o que máis lles gusta da biblio do cole!
Pronto teredes o resultado!

diciembre 06, 2009

A familia conta!

A quen lle apetece vir contar un conto?
Nais, pais, tíos, tías, avós, avoas, padriños, madriñas...adiante!
Desde o Equipo de Biblio propoñémosvos que veñades contarnos un conto.
Seguro que aos nenos lles encanta que lles contedes contos na casa. Por que non compartir ese momento cos seus compañeiros?
Pode ser unha experiencia única!
Só tedes que cubrir a folla que recibistes o venres e entregala á titora correspondente.
Dos horarios e elección do conto non vos preocupedes, xa falaremos con calma!
Animádevos!

diciembre 04, 2009

Os de 3 anos visitan a biblioteca...



Aos nenos e nenas da clase de 3 anos encántalles ir á biblio!
Xogan na pizarra dixital, len nos sofás, miran contos na alfombra...

noviembre 08, 2009

E para os maiores... Cometas en el cielo.

Primeiro libro de Khaled Hosseini, médico musulmán que fuxiu a Estados Unidos despois da entrada dos talibáns. Dalgunha forma podemos pensar nun relato autobiográfico.
Está ambientado en Afganistán
(1975) durante a invasión rusa previa aos talibáns. A novela narra a vida de dous nenos afganos -Amir e Hassan- e constrúe unha impresionante historia de encontro-desencontro, amizade-traición, na que destaca un fío condutor no libro: o arrepentimento do protagonista.
Cometas en el cielo vai crecendo en intensidade, aínda que atrapa desde a primeira páxina, non hai nada superfluo. Mantén en todo momento un ritmo sostido que nos vai conmovendo.
Recolle momentos duros e sanguentos, pero se trata dunha violencia medida, coa contrapartida dunha dose justa de tenrura.

Sorprende a prosa de Hosseini, ao tratarse da súa primeira obra e a facilidade para crear ambientes.
Un libro que nos axuda a comprender mellor os sufrimentos e os sentimentos do pobo afgano.

En marzo de 2008 estrenouse a película baseada nesta novela. Podedes ver o trailer pinchando aquí.

Recomendamos... Tambores mágicos


Queredes saber que é un facocero? Para iso teredes que coñecer a Nigiri!

Cando a ñu Nymbu lle da uns tambores máxicos a Nigiri, desexa ser grande e fermoso. Pero cando os toca, todo na selva empeza a cambiar.

O autor deste divertido libro é Graeme Base.


Graeme Base é un dos principais creadores do mundo de libros de imaxes. O seu alfabeto Animalia, recibiu a aclamación internacional cando se publicou en 1986, e conseguiu unhas ventas mundiais de máis de dous millóns de exemplares. Na actualidade, Graeme vive en Melbourne.