abril 17, 2009

OLHA QUE BLOG MANEIRO

Que que demo é esa imaxe de ai arriba?? Pois evos unha especie de nominación que vimos de recibir de "Unha biblioteca chea de tesouros", do cole de Esteiro, en Ferrol.
Venche sendo un modo de dicir que o noso blog pareceulles chulo...
Bueno, esto si que é modo de empezar a currar despois dunhas vacacións, eh? Grazaaaaaaaaaaaasssssssssssssss

Recibir este premio leva consigo o seguinte:
  1. Exhibir a imaxe do premio (aí arriba vos queda)
  2. Poñer o nome do blog que nolo concedeu (posto queda, coa súa correspondente ligazón)
  3. Nominar a 10 blogues preferidos (xa vouuuuuuuu, agarda que acabe de poñer as normas)
  4. Avisar a estes 10 blogues (da que acabe con este post)
  5. Publicar as reglas (iso estou facendo)
  6. Comprobar que os blogues sigan estas regras (uiiiiiii, canto curroooooooooo)
Polo de pronto imos nomear aos 10 blogs seleccionados:
  • Sereas sen cadeas, dun dos grupos de infantil do cole de Aguiño...un gusto para os ollos
  • Sacapenas para Gaza, que aúna cariños traídos de distintas partes de Galiza para as nenas e os nenos desa parte do mundo
  • Biblioarzúa, o interesante blog do IES de, claro que si, Arzúa, como o seu nome indica
  • Heroínas de Sálvora, blog do proxecto de innovación en normalización lingüística do cole de Aguiño
  • Pasiño a pasiño, do primeiro curso de primaria do cole de Baíñas, terra de meigas
  • Reibonteca, onde nos conta as súda actividadess a xente da biblio de Reibón, en Moaña
  • Pasa páxina, do José Cornide Saavedra, da Coruña
  • Libroucho, da biblioteca do CEIP Eladia Mariño, de Cabanas
  • Poemas para peques, cunha boa recompilación
  • Toleo por ler, da biblioteca do CEIP Amaro Refojo de Verín
Veña, déixovos, que aínda me queda ir avisar a toda esta xente de que recibiron un premio...:-P

3 comentarios:

olalla dijo...

Moitas grazas do "pasiño a pasiño" por visitarnos e ofrecernos a posibilidade de coñecer tantos blogs fantásticos.

Unha aperta dende Baíñas

Equipo Biblio dijo...

Precisamente, a iniciativa é un pouco para darnos a coñecer uns blogs a outros, e compartir experiencias.
Bicos!

bescariz dijo...

Agradecemos o agasallo,pero máis que visitárades a nosa páxina. Aproveitamos para felicitarvos polo voso blogue e por esa biblioteca que ferve de actividade.Parabéns.