abril 03, 2009

ABRIL, MES DOS LIBROS


Dado que se achegan a vacacións de Semana Santa e que á volta xa estamos a mediados deste mes tan significativo, dende a biblioteca propoñemos as seguintes actividades que cada aula desenvolverá ao seu ritmo.
  • Continuaremos cos contacontos
  • “A árbore dos nosos álbums favoritos” cada neno explicará cal é o conto, álbum ou libro que máis lle gusta e fará a súa propia portada (os de 3 e 4 anos nun tamaño A5 e os de 5, na metade de A5). Tódalas portadas iranse colocando nunhas árbores que para tal efecto colocaremos na entrada do centro.
  • Caligramas: utilizando poesías, retahílas, adiviñas, rimas populares, etc. (material que poñeremos para elixir no expositor da entrada), elaborar estas representacións gráficas. Irémolas expoñendo nos paneis dos corredores.
  • “O parrulo feo”: aproveitando a celebración o día 2 de abril do nacemento de Hans C. Andersen, usaremos un dos seus contos máis famosos para facer un traballo conxunto de tódalas aulas.
-Cada unha inventará cadanseu final para a mesma obra.
-Posteriormente tódolos alumnos ilustrarán este final cos seus debuxos.
-Elixiremos unas cantos desenvolvendo o traballo de observación, estudio,
comparación, discusión e decisión dos mellores cos que o equipo de biblioteca
elaborará un libro colectivo que circulará polas aulas.
  • Tentaremos contactar coa Biblioteca Pública para facer unha visita (xa indicaremos si por aulas ou niveis) para que os nenos a coñezan e como introdución ao “ Programa de Formación de Usuarios” que levaremos a cabo na nosa.
  • Neste mes comezaremos a realizar actividades na biblioteca segundo horario e programa de actividades que indicaremos proximamente.
  • O día 23, día do Libro, desenvolveremos unha “actividade sorpresa”… para conmemorar dita data.

BOS LIBROS E BOAS LECTURAS!!
O EQUIPO DE BIBLIOTECA

3 comentarios:

A Pescadora de Historias dijo...

A Pescadora de Historias de "Unha biblioteca chea de tesouros" concédevos o premio:
"Olla que blog Maneiro", que quere dicir: "Olla que blog tan chuli!.
Por favor, pasade polo noso blog a recollero.!Esperamos que vos guste moito!

Equipo Biblio dijo...

Gracias, pescadora
Veño de facer os nomeamentos dos seguintes blogs premiados, vou correndo a contárllelo...

Heroínas de Sálvora. dijo...

Ola compañeiras, grazas polo premio e por abrir unha ventaniña-blogue no voso cole para que poidamos coñecer as vosas historias e experiencias.
Sereas e Heroínas.