octubre 28, 2010

No apartado "Xogando e Aprendendo" colgamos un enlace directo cunha páxina web que nos permite ir creando o conto que nos relatan. Moi faciliña de seguir e súper interesante!

octubre 27, 2010

Libro-Xogo para toda a familia

A Editorial "La Osa Menor" preséntanos un libro que non é para ler, senón para xogar.


Ideado por Àngels Navarro, permítenos descubrir ata 1.728 labirintos alternando as solapas.


Podedes seguilos co dedo ou calquera cousa que remate en punta (un pauiño, un pincel...)


Se non atopades o camiño á primeira non desistades! Só tedes que desfacelo e comezar de novo.


Moi interesante a combinación do xogo en familia co enxeño nun formato libro.

octubre 25, 2010

Outra de Premios!

Ultimamente son todo Galardóns, pero o Concello de Santiago de Compostela e a editorial Kalandraka veñen de outorgar o seu III Premio de Álbum Ilustrado a "A Familia C", unha obra sinxela, bonita e moi chamativa.
A propia editorial preséntanola en galego, español e inglés.
Unha boa opción para un rato agradable!

octubre 21, 2010

Premio Nobel de Literatura 2010

Este mes vén de coñecerse o gañador do premio Nobel de Literatura, que finalmente recaeu en Mario Vargas Llosa.

Cunha ampla obra xa coñecida durante o século pasado, sobran os nomeamentos e descricións das mesmas. Simplemente como mención especial por ter recibido tan bo e ben dotado premio, amosámosvos as súas novas creacións, as do século XXI.

octubre 20, 2010

Premio Planeta 2010

Eduardo Mendoza, avogado de estudos e escritor de profesión, autor de obras como “La verdad sobre el caso Savolta”, “La verdad de las aceitunas” ou “La ciudad de los prodigios“, gañou a 59 edición do Premio Planeta de Novela, dotado con 601.000 euros, coa obra “Riña de gatos. Madrid 1936”, unha novela de intriga sobre un xoven inglés especialista en pintura española reclamado para taxar un posible cadro de Velázquez. Este personaxe convive nun lugar real, nunca época real, con outro personaxe histórico, tamén real, pero que é o propio lector o que o debe ir descubrindo...

Samaín

Un vídeo cun tema de Mamá Cabra para inspirar a semana do Samaín.

Mirade que hai tamén algún xoguiño!

octubre 18, 2010

octubre 15, 2010

En marcha!

Comeza o outono, o mes do samaín, caen noces e castañas... e no cole tratamos todos estes temas tamén dende a biblioteca: visitade a nosa exposición temática, que serve ás aulas para ter á man os nosos fondos sobre a temática do primeiro trimestre.

octubre 08, 2010

A Maxia dos Títeres

Pica na imaxe

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos gozaron o xoves 7 de outubro co espectáculo Allegro Vivace, no que nos atopamos co encanto único dos monicreques e as súas incribles posibilidades de facernos sorrir e provocarnos emocións positiva.

octubre 06, 2010

Mes Internacional das Bibliotecas Escolares

Dende o ano 1999 celébrase o mes de outubro coma o Mes Internacional da Biblioteca Escolar. O seu obxectivo é chamar a atención sobre a importancia das bibliotecas escolares na educación.
Por isto queremos darvos a coñecer unha páxina web para que dende a casa nos axudedes a fomenta-lo gusto pola lectura.

Pica na imaxe

Unha chea de ilusións

Un ano máis, a biblioteca da nosa escola abre as súas portas para acoller nela os desexos, pensamentos e ilusións das nosas nenas e dos nosos nenos.

Esperamos que este curso sexa unha grande experiencia, ademais de para o alumnado, para vós, as familias.