enero 19, 2010

O cabo do mundo

Recomendación para os maiores da casa...

«Que farías se non che quedase nada de vida?» Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal. Comeza así a súa procura do esencial da vida, unha investigación centrada en dúas teimas do pasado relacionadas co seu pai e coa muller que sempre amou. A urxente busca de si mesmo achegarao sen remisión ao cerne dun segredo amoroso e duns cruentos e agochados sucesos da represión franquista levada a cabo polas «brigadas do amencer» nas ribeiras Miño. Partindo dunha minuciosa investigación histórica, mesturando realidade e ficción, atesourando un extraordinario alento narrativo e unha prosa vizosa e moi fluída, reaparece Xabier Quiroga cunha novela memorable que nos conduce a outro suxestivo espazo literario onde a memoria e a identidade se confunden: O Cabo do Mundo.

Grisela


Grisela é unha ratiña que un día se sintiu triste...

Grisela decidiu probar a pintarse con todas as cores, pero non se sentía mellor pintándose de ningunha... nin vermello, nin verde, nin amarelo, nin a raias, nin de flores. Ademais os animais, como a oca, xoaniñas ou a cebra, rinse dela ao vela pintada con esas extrañas cores e raias. Fuxindo dunhas abellas Grisela tírase á auga, onde quizáis atopará a felicidade.

Un relato sinxelo e curioso sobre a importancia de ser un mesmo e non imitar aos demais.

O texto compleméntase con imaxes divertidas de Grisela e os animais que se van atopando.

Trátase dun fermoso álbum ilustrado para os primeiros lectores, emotivo e sensible, que lles axudará a adquirir seguridade e autonomía a través da lectura.

enero 13, 2010

Montserrat Sarto


O pasado 31 de decembro morreu, aos 90 anos, Montserrat Sarto Canet, periodista, especialista en literatura e prensa infantil e xuvenil, e tradutora de libros para pequenos.

Montserrat Sarto dedicou grande parte do seu traballo á investigación e difusión de estratexias de animación á lectura e formación de bibliotecarios mediante a organización de cursos, xornadas de traballo e seminarios, tanto en España como en Iberoamérica, Xapón e outros países estranxeiros. Entre outros premios, recibiu en 1981 o Premio Nacional de Prensa Infantil por actividades periodísticas relacionadas coa infancia e a mocidade, e en 1993 concedéronlle o Premio IBBY-Asahi polas súas aportacións á animación da lectura e á formación bibliotecaria.

enero 12, 2010

Para botar unhas risas...



Parodia de José Mota do programa "Callejeros", onde descubrimos a xente cunha "adición" moi peculiar!

enero 04, 2010

Guía de Nadal


Aquí tedes un tríptico cheo de ideas para regalar e ser regalados en Nadal.
Esperamos que vos gusten!