febrero 21, 2010

Enlace divertido


Aquí tedes un enlace interesante para aprender a empregar o rato!

Se pinchas no rato... poderás aprender a usar... outro rato!

febrero 19, 2010

A nosa homenaxe a Fernando Krahn

Fernando Krahn morreu o pasado xoves. Para saber máis da súa biografía, pincha na imaxe de arriba.

febrero 11, 2010

Contacontos!



Tivemos unha visita moi especial!
Patri e Pablo viñeron contarnos... nin un, nin dous... tres contos!
Nas fotos podedes ver o entretidos que estivemos!
Pasámolo fenomenal!

febrero 02, 2010

A gran viaxe do Señor M.

A ausencia, a dor da perda, a soidade... sentimentos que transmite a figura do Señor M. e que trata de mitigar facendo unha viaxe polo mundo; unha viaxe que lle vai descubrindo a importancia das pequenas cousas: un sorriso, o solpor... Pero nesa viaxe, que se interpreta igualmente como unha viaxe interior, descubre ademais o sufrimento alleo que padecen as vítimas inocentes da guerra e a destrución.
Un libro que transmite melancolía, mais tamén esperanza.
As ilustracións enchen de tranquilidade o libro, con cores suaves e trazos esquemáticos, pouco definidos.
En conxunto, resulta un libro que transmite delicadeza polo seu tratamento do fenómeno da morte, que reflicte estados de ánimo , transmitíndoos ao público infantil con naturalidade.
Non falta o toque poético das imaxes, expresivas e cheas de vida.

J.D. Salinger