mayo 26, 2009

Hansel e Gretel




Dentro da programación de actividades da Semana das Letras Galegas, as profes deste cole tivemos a ousadía (ou falta de vergonza, segundo se mire, jeje) de representar a obra Hansel e Gretel, en versión, por suposto, libérrima, e, todo hai que dicilo, facendo gala dunha capacidade de improvisación que nin os políticos cando fan declaracións aos medios...
Aí vos deixo testemuña gráfica do evento, nesa foto que, como sempre, leva máis fotos dentro.

mayo 22, 2009

Música, mestra

O pasado martes estivo no noso cole unha verdadeira experta en música tradicional e popular: Ivonia.
Ivonia viña cargada cunha pila de instrumentos que a nós, ao principio, non nos parecían tal; pero convenceunos de que o eran sacando deles os mellores sons.
Unha tixola, dúas culleres, unhas carolas, unhas cunchas, a cana do millo...calquera cousa pode servir para facer música.
Ivonia tocou e cantou, ensinounos coplas e sons.
E ensinounos tamén algo moi, moi importante: para facer festa non é preciso ter cartos para mercar instrumentos sofisticados. Música faise con calquera cousa...o que se precisa, a ferramenta verdadeiramente imprescindible é outra: bo humor e ganas de xolda.
Déixovos unha desas cancións guapas desta zona coas que nos deleitou:

Estribillo:
Ai, Rianxo,Rianxo pájaro pinto
a ghanansia do peixe xa se vai indo
xa se vai indo Rianxo, xa se marchou.
Ai, rianxo, Rianxo, quen a levou.

Chamáchesme rianxeira
porque nacín en Rianxo
de Rianxo son aqueles
que van polo mar abaixo
(Estribillo)
Paxaro pica na pedra
pica na pedra miúda
pica na muller allea
que outro picará na túa.
(Estribillo)
Dende o muelle de Tanxil
vin saltar unha cabala
mariñeiros de Rianxo
vinde larghar a secada
(Estribillo)

(Como sempre, dentro da foto hai máis fotos!)

mayo 21, 2009

Semana das Letras Galegas

Non me tiredes polas orellas.
Xa sei que é un pouco tarde para poñer aquí o noso programa de actividades da Semana das Letras Galegas, agora que está a piques de rematar, pero...máis vale tarde que nunca.
Aquí vai:
  • MARTES, 19: Música tradicional e popular con Ivonia
  • MÉRCORES, 20: saída ao teatro a Boiro
  • XOVES, 21: Contacontos con Fina (Avoa de Pedro). Pases: 9:35 (3 anos) e 10:15 (4 e 5 anos)
  • VENRES, 22: Teatro a cargo da compañía "Mestras a tope". Obra: "A casiña de chocolate"
Non vos queixedes, que aínda estades a tempo de virdes mañán ao teatro!
Outro día cóntovos da sesión de música tradicional con Ivonia, que estivo xenial...agora non podo, que teño que ir ensaiar ;-)

E para maiores...

Nunha viaxe a Portugal, Rosa Aneiros visita o Museu da Resistencia, en Peniche. Unha saca chea de cartas que un preso dos que alí estiveron escribira á súa moza, fai nacer na súa cabeza a idea de escribir un libro.
Empeza a recoller información sobre a historia recente de Portugal, e da súa cabeza vai saíndo esta historia de personaxes entrañables, de pequenos heroes do cotiá, que de seguro non deixa indiferente a ninguén.
Cunha calidade literaria sorprendente para unha moza de pouco máis de 20 anos, e estupendamente documentada, aquí vos queda esta novela que xa vai pola súa terceira edición, e cuns cuantos premios ao lombo.

Recomendamos: Habría que...

Un neno estaba sentado na súa illa, mirando o mundo e reflexionando. Dende alí viu fame, guerra, abusos...E tamén viu moitas bágoas e poucos abrazos de amor.
Así que pensou que son moitas as cousas deste mundo que habería que cambiar.
E así, folla tras folla do libro, vainos contando todo o que habería que...
Ilustracións exquisitas para un libro que lles axuda a pensar dun xeito crítico no que ocorre arredor de nós, educando así a súa solidariedade.
E, de paso, convida a pasar á acción.
Quen sabe se algún día todos estes caraveis que educamos non se poñerán mans á obra con todo iso que habería que...!

mayo 20, 2009

Receitas do antroido




Aquí vos queda.
É o noso Libro de receitas do Entroido, no que se recolle unha selección das receitas achegadas polas familias do noso alumnado.
Botádelle un ollo, e, se vedes que tal, facede unhas prácticas...e a relamberse!!

mayo 19, 2009

Correlingua


Xa vos contei o outro día que a semana pasada foi aquí, na Pobra, o correlingua.
Non veño aquí para repetirme, eh? Véñovos dicir, simplemente, que nós, por suposto, estivemos alí: foi todo o alumnado de 5 anos.
Fixo as presentacións un tal pirata Benito, e despois houbo unha obra de teatro, con monicreques incluídos, que nos gustou moito.
Dentro da foto, máis fotos!

mayo 18, 2009

Entonces usted muere



Deixounos Mario Benedetti. Ía dicir que non serviu de nada o arroupamento que con tanto cariño lle fixemos dende tantos blogs do mundo, pero sería mentira. Estou segura de que lle serviu para sentirse máis querido, máis acompañado.
Como as palabras, aínda que digamos que sobran, son sempre necesarias, déixovos, a modo de pequeno recoñecemento póstumo, o seu poema "Curriculum".

CURRICULUM

El cuento es muy sencillo
usted nace
contempla atribulado
el rojo azul del cielo
el pájaro que emigra
el torpe escarabajo
que su zapato aplastará
valiente

usted sufre
reclama por comida
y por costumbre
por obligación
llora limpio de culpas
extenuado
hasta que el sueño lo descalifica

usted ama
se transfigura y ama
por una eternidad tan provisoria
que hasta el orgullo se le vuelve tierno
y el corazón profético
se convierte en escombros

usted aprende
y usa lo aprendido
para volverse lentamente sabio
para saber que al fin el mundo es esto
en su mejor momento una nostalgia
en su peor momento un desamparo
y siempre siempre
un lío

entonces
usted muere.


mayo 13, 2009

Contacontos: Sopra neste furadiño

Onte, na sesión de contacontos da profe Berta, traballamos co libro que vos recomendamos aquí o outro día: "Sopra neste furadiño".
Velaí tendes a toda a tropa, sopra que te soprarás, nos buratiños que previamente fixeran...para que logo digades que non curran!!
Púxenvos unha foto...pero tíñamos máis!!

mayo 11, 2009

En galego! Pásao!



Como saberedes, mañá celébrase na nosa vila o Correlingua. O lema deste ano é o que encabeza este post: "En galego! Pásao!"
Aquí vos deixamos ese coñecido rap de Migallas, que tamén se titula "En galego!"
Nós claro que nos imos achegar mañá ata alí, que ven sendo aquí ao lado.
E ti non vés?

mayo 08, 2009

E para maiores...


E para maiores, esta novela de Betty Smith, ambientada no Brooklyn dos anos 20.
A protagonista é, Francie, de once años, filla de inmigrantes.
Escrita cun estilo sobrio e cheo de matices expresivos, a obra fálanos da loita contra a pobreza e da importancia da tenacidade para superar os problemas.
Igual que a árbore debaixo de cuxa sombra le Francie, e que medra no medio do cemento, ela enfrontarase a toda clase de obstáculos para sobrevivir e saír adiante.
O sono americano fronte á realidade, unha vez máis.

Recomendamos: Sopra neste furadiño

Que é o que lle pasa a este libro, que trae un furado no medio??
Non está estragado, non. O furado é para que sopres, e, co teu alento, deas paso a un mundo máxico no que se van sucedendo obxectos movidos por el, dende un viraventos a unha buguina.
Ás veces cómpre soprar amodiño, outras apuntar ben no furado para dirixir o sopro como é debido, outras, soprar cos ollos pechados...
O que é seguro é que, sexa cal sexa a túa idade, seguro que non poderás evitar a tentación de arrimar os labios ao furado e soprar!!!
Este delicioso libro de Antón Cortizas, ilustrado por Leandro Lamas, sérvenos hoxe para inaugurar a sección "Recomendamos".
E, xa posta a recomendar, casi vos diría que, se tendes un momentiño e ganas de deleitar os ollos, vos pasedes pola páxina do ilustrador...merece a pena!!!

mayo 07, 2009

XÓVENES PROMESAS DA ILUSTRACIÓN

Tal e como comentáramos nunha entrada anterior, estivemos a facer no cole as árbores dos nosos álbums favoritos.
As follas destas árbores son unhas follas moi especiais: as portadas que o noso alumnado foi creando para os seus libros preferidos.
Como vedes, podemos presumir de xóvenes promesas, nesto da ilustración...
Agardemos que as follas destas árbores sexan perennes, que arraiguen na súa memoria contiribuíndo a consolidar o hábito lector.

mayo 06, 2009

Caligramas


Xogando coas palabras e as imaxes, fixemos caligramas.
De golfiños, caracois, pingas de auga...
Queres velos todos?
Pois pincha na imaxe!!

mayo 05, 2009

Imos rodear a Benedetti

"Vamos a rodear a Benedetti" é unha iniciativa de Pilar del Río, a muller de Saramago, coa idea de dar ao escritor apoio espiritual neste momento crítico de saúde que está a pasar, xa que se encontra hospitalizado dende hai días.
Ela fixo circular un mail entre os amigos que di así:

"Mario Benedetti está pasando horas malas. Hemos pensado que podíamos ponernos a leer sus poemas por todo el mundo, y así ayudarlo en este momento. Un poema, por si no tenéis un libro suyo a mano. Y por si queréis pasarlo a otros amigos."

Nós, sumándonos a esta iniciativa, propoñémosvos a lectura deste poema:

USTEDES Y NOSOTROS

Ustedes cuando aman
exigen bienestar
una cama de cedro
y un colchón especial

nosotros cuando amamos
es fácil de arreglar
con sábanas qué bueno
sin sábanas da igual

ustedes cuando aman
calculan interés
y cuando se desaman
calculan otra vez

nosotros cuando amamos
es como renacer
y si nos desamamos
no la pasamos bien

ustedes cuando aman
son de otra magnitud
hay fotos chismes prensa
y el amor es un boom

nosotros cuando amamos
es un amor común
tan simple y tan sabroso
como tener salud

ustedes cuando aman
consultan el reloj
porque el tiempo que pierden
vale medio millón

nosotros cuando amamos
sin prisa y con fervor
gozamos y nos vale
barata la función

ustedes cuando aman
al analista van
él es quien dictamina
si lo hacen bien o mal

nosotros cuando amamos
sin tanta cortedad
el subconsciente piola
se pone a disfrutar

ustedes cuando aman
exigen bienestar
una cama de cedro
y un colchón especial

nosotros cuando amamos
es fácil de arreglar
con sábanas qué bueno
sin sábanas da igual.

E, para quen quedase con sede de máis Benedetti (moita xente, seguro!), suxerimos esta páxina con haikus do autor.

Esta outra, para quen queira escoitar a súa voz.

E esta máis, para que recordedes algo que é tan importante para el: que o sur tamén existe.




mayo 04, 2009

León de biblioteca

Un aspecto fundamental na formación de usuarios é a aprendizaxe das normas básicas dunha biblioteca.
Como a transmisión de normas así, a pau seco, parécese bastante á inxestión de xarope de rícino, decidimos utilizar este precioso libro para facerlle entender ao noso público miúdo cal é o comportamento que se espera que teñan na biblioteca.
As súas imaxes sérvennos para recordarlles o que cómpre facer e o que convén evitar cando entramos nunha biblioteca.
Xa case estamos feitos uns leóns de biblioteca!!!