marzo 31, 2011

Para Nós

Esta non é unha novela; son tres novelas curtas dun mesmo escritor:
"Cela aberta”, gañadora no seu día do VII Premio Valle Inclán na Pobra do Caramiñal. Un prisioneiro que leva detido no cárcere secreto dun réxime ditatorial, relata en primeira persoa as torturas ás que foi sometido.
“Vértixes”, II Premio de Novela Curta da Cidade de Ribeira. O cirio da paixón recompensa aos dous amantes con momentos moi felices e gorentosos, pero tamén con días tormentosos, porque a atracción que Daniel sente por Ana é irrefreable.
“Escintileos”, galardoado co II Premio de Micronovela do Concello de Soutomaior. O seu protagonista é vítima dunha enfermidade que lle fai esquecer todo aquilo que, ante os demais, o pode facer aparecer como alguén negativo.

E entre as historias un definidor común: as veleidades do destino que se asaña cos protagonistas de cada unha delas, facéndolles adoptar comportamentos que estaban ata o momento agochados no seu interior...

marzo 25, 2011

Seguindo co día da Auga...


Deixaron a billa aberta e ninguén veu a pechala... ninguén sabía ónde se metera o dono da casa...
Pero o curioso foi o que aconteceu: a auga meteuse por tódolos recunchos, encheu tódolos buratos, verteu por tódalas saídas e, finalmente, apareceu un ser azul, transparente, critalino... Un home de auga!
Algúns confundíano cun charco ou unha fonte, outros asustábanse e chamaban á policía, pero, con todo, o home de auga deixaba o ratro do ben ó seu paso.
Este relato rico en ilustracións (finalista do premio Andersen ó álbum ilustrado en 2008) enxalza o valor da diferenza e impulsa as sensacións e emocións dos lectores.

marzo 24, 2011

Día da Poesía


Como celebración do día da poesía escollemos dende a biblioteca estes libriños de poesía infantil tanto en galego como en español para que vos animedes a amosarlle ós/ás pequenos/as outros tipos de escritura.

E lembrade: os hábitos adquírense! Se tí les, eles len!

marzo 17, 2011

Ata logo Josefina

Leonesa.
Mestra.
Pedagoga.
Doutora (o termo ben entedido)
Escritora.
Crente da Institución Libre de Ensinanza.
Fundadora do Colexio Estilo.
Defensora da liberdade da muller.
Hai quen vén e se vai deixando pegada...
Josefina Aldecoa

marzo 14, 2011

Dia Mundial Auga



Para estas cousas e máis... Pensemos en tódolos días e non só en hoxe.

POR UN CONSUMO RESPONSABLE

marzo 12, 2011

O Parrulo Feo

O día 1 de Marzo fomos todo o cole (que tiña permiso) a ver unha peza de teatro a Santiago de Compostela, ó Teatro La Salle... A primeira saída importante das aulas de 3 anos!
Encantounos a peza do Parruliño Feo! E tamén a experiencia de ir de excursión coma os maiores...
Non colgamos nada ata agora porque andivemos un pouquiño liados co entroido, pero poñemos unha pequena mostra para que non se nos esqueza.

marzo 11, 2011

Documentais "Conciencia"

Logo de "Las sabias de la tribu", comeza en La2 a serie documental Igual-es, coincidindo coa programación especial do día da Muller.


Esta noite "Ellas... se arriesgan", se podedes non o perdades, engancharavos para ver o resto de documentais dirixidos por Inés París.
Podedes consulta-la sinopse en Sincroguía, direccionado na fotografía adxunta.

marzo 10, 2011

O Entroido na Biblioteca


Para anticipa-la celebración e os disfraces do Entroido 2011, relacionados coas personaxes dos bosques, celebramos na biblioteca de centro unhas xornadas de cine na que proxectamos distintas películas relacionadas coas temáticas que logo utilizamos nas aulas para ver en grupos de 2 aulas.
O resultado final... xa o víchedes! E para lembralo podedes ir á web do centro, visita-lo hall do cole ou colle-las fotografías que Vitorino sacou ó longo do paseo.

Ademais, hoxe e mañá traballaremos o Entroido na Prensa, a propósito da Semana da Prensa... Xa vos ensinaremos o resultado!

marzo 08, 2011

Día da Muller


Porque @s nen@s de hoxe son os adultos do mañá.
Aprendámoslles a ser iguais e medrar cunha autoestima positiva.

Vídeos cofinanciados pola Xunta de Andalucía... Non atopamos nada parecido cofinanciado pola Xunta de Galicia.

marzo 05, 2011

Día da Muller

Que as túas mans habían ser os teus ollos
é algo que sabe a terra bastante mellor ca min,
que foi con elas con quen criaches fillos e cortaches leña
pequena haiku que concentras a verdade sobre as estacións
sobre o día a día que protagonizas inmensa...
(non hai imaxe que te conteña). O tesouro da túa memoria salvarnos da fame
sempre
e non saber de ti será morrer un pouco,
ignorar que detiveches o invernos a golpe de lareira,
cen mil ferrados de sabas que labaches e de bocas ás que diches calma
E ladraches. E sorriches.
E non pasaches por esta foto, simplemente
viviches


Lucía Aldao