mayo 25, 2011

A Última Festa das Letras


E por fin hoxe fixemos a xornada de peche das Letras Galegas 2011...
Celebramos unha ximkana por todo o cole para consegui-las pistas que nos deixaran descubri-lo panel final: un gran puzzle de Lois Pereiro!
Aínda coa calor que facía, pasámolo en grande! Aquí vos queda unha mostriña para que vos fagades a idea...

mayo 24, 2011

A Mestra Sonia Conta


Entre celebracións e celebracións seguíamos coas sesións de contacontos das profes.
A semana anterior contou a mestra Sonia á aula de 5 anos A. E contoulles o conto de "A Viaxe das Bolboretas", moi ó tempo no que corremos... Vera vera primavera!!!!


Estupenda experiencia a dos contacontos!

Tres días, Tres Festas

E o seguinte día tocamos música!!!
Veu Ivonia, unha pandereteira moi instruída que nos aprendeu a tocar instrumentos moi nosos e moi curiosos.
Encantounos a experiencia! Aínda que algún peque comezou cun pouco de medo, ó final todas e todos participamos. Unha pena que non poidan verse tódalas fotos...


mayo 23, 2011

Tres días, tres Festas

O primeiro día de celebracións veunos visitar Anxo Moure, un grande e completo contacontos.
Trouxo, ademais de contos, a súa ciclobiblioteca chea de libros, de viaxes de ida e volta e diversión, diversión e diversión!!!
Cando vexades as fotografías entenderedes todo!



mayo 19, 2011

Para entende-la Exposición

SALVANDO LIBROS

Que libro salvarías ti?

Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.


Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.


Maio 2011

Queremos dar moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade.

salvandogrande
Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos.
Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.



Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre.


A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.


Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Infantil










Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria











Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Ensino Secundario e algúns persoeiros relacionados co mundo das letras e a cultura









ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES:

mayo 18, 2011





Co gallo do día das letras galegas, participamos tódalas bibliotecas escolares que quixeron nunha exposición común para "SALVAR" o libro que máis nos gustara.











Na escola fixemos unha exposición cos libros que se salvaron entre tódalas familias e expuxemos o que salvamos dende o Claustro: "A Casa de Había Unha Vez", ademais de outros libros de poesía infantil, pois non son doados de atopar...


Para que se salven tódolos libros do mundo!. Felices lecturas!



mayo 16, 2011

Día das Letras Galegas

Mañá celébrase o día das nosas letras, das letras galegas.
Dende o 1963, adícaselle cada ano a un persoeiro (sexa home ou muller) que contribuíra a expandir e difundir a nosa cultura e as nosas letras.



Este ano decidiuse adicarllas a Lois Pereiro, poeta da Xeración do Amor e o Desamor.
Aínda que non resulte moi doado achegar a súa temática á educación infantil, temos dende hai uns anos ó Seminario Galán axudándonos a orientar actividades.


Propoñémosvos que vaiades quentando motores dende a casa cunhas actividades LIM (direccionadas dende a fotografía) porque nos espera unha semana cargadiña de actividades no cole!!!

mayo 12, 2011

A Mestra Tina Conta




Contou tamén esta semana a profe Tina, e fíxoo coa aula de 4 anos B.


Seguindo co traballo de Andersen, contoulles a historia do Patiño Feo adaptada por kalandraka. Un conto moi bonito que ademais lles serviu para repasar valores coma os da igualdade, non discriminación...


Que ben o pasamos cos contos!

A Mestra Marién Conta

A mestra de 3 anos A contoulles un conto á aula de 3 anos B.

Para oír ben tiveron que abrir as orellas, e logo escoitaron o conto Lume no Bosque, porque non esquecemos que este ano é o Ano Internacional dos Bosques, e que debemos traballar a importancia dos bosques e o bo trato para cos seres vivos e a natureza...


Pois si que nos gustou o conto, si...

mayo 10, 2011

Premios Max 2011


Esta é a obra coa que Quico Cadaval se alza gañador do Premio Max na categoría de lingua galega.
Peza que se estreou en Galiza pero que estivo de xira por toda a península nos distintos idiomas.
Preparad@s agora para a próxima estrea, de novo con Luís Tosar ó seu cargo...
Parabén a todo o equipo.

mayo 09, 2011

Hoxe tivemos un Paseo...

NovoSuperContacontos on PhotoPeach



mayo 06, 2011

A Mestra Jose Conta



Jose, a profe titora de 4anos, contoulles á aula de 3anos B un contiño lindo, lindo... O conto do parruliño Tito que buscaba ós seus irmáns nos oviños que ía atopando; e atopaba ovos de moitas especies!




Como premio por portarnos tan ben, levamos un parruliño para cada un/ha.



Gracias por contar con nós, profe!


mayo 05, 2011

Lingua de Signos

Contancontos en Lingua de Signos on PhotoPeach

mayo 04, 2011

A Mestra Mari Conta

Cóntalles ó alumnado de 5anos B o conto da ra Ranilda, co libro e cun panel chulo chulísimo que ela preparou.
Toda a aula o pasamos moi ben. E encantounos a rá de papel, que pega uns brincos xeniais!!
Grazas profe, e que che vaia moi moi ben.

mayo 03, 2011

Día Internacional da Liberdade de Prensa

Hoxe celébrase o día Internacional da Liberdade de Prensa. E como a prensa tamén é lectura, e nas bibliotecas tamén hai prensa, a partir de hoxe queda engadido como enlace interesante a páxina web "KIOSKO", na cal podedes atopar case toda a prensa de todo o mundo.

Pola liberdade.

mayo 02, 2011

A Mestra Romina Conta

Cóntalles á aula de 5 anos B a hitoria das Matrioskas. Para elo utilizou unha animación no EDI na que saían as Matriuskas unhas de dentro das outras (cunha musiquiña moi divertida de fondo!) e mais unha colección de Matriuskas de verdade.
Para rematar, levamos unha matriuska de papel para colorear na nosa casa.
Pasámolo moi ben! E aínda nos queda outra profe... quen virá?!...