junio 23, 2010
junio 21, 2010
Homenaxe a Saramago
“E se os contos infantís forem de leitura obrigatórias para adultos? Seríamos realmente capaces de aprender o que, desde há muito tempo vimos ensinando?” Saramago
Do fermoso conto "La flor más grande del mundo" de Saramago, a produtora galega Continental fixo un vídeo de animación que se acompaña con música de Emilio Aragón.
junio 20, 2010
Enlace interesante.
Enlace á páxina web Internenes, onde poderedes atopar xogos en liña, historietas, cómics...
Accede á páxina premendo na imaxe.
Accede á páxina premendo na imaxe.
Etiquetas:
enlaces interesantes,
recomendacións
junio 10, 2010
mayo 30, 2010
mayo 22, 2010
mayo 13, 2010
Pequeno azul e pequeno amarelo
Cando lle preguntan á ilustradora alemana Jutta Bauer polo libro “Pequeno Azul e Pequeno Amarelo”, califícao como “a obra dun mestre”. Leo Lionni emprega un sistema tan eficaz e sinxelo coma uns cachos de papel e unhas poucas palabras para contar unha historia entrañable. Kalandraka recupera este conto maxistral que, aínda que data de 1959, foiprecursora no seu tempo e mantén toda a vixencia na actualidade. A historia destaca pola ternura e orixinalidade da proposta plástica, en perfecta armonía cun texto a base de frases simples e descritivas.
Dúas pequenas cores fúndense nun abrazo sen decatarse de que se convirten nunha nova cor, e ninguén os recoñece. As bágoas ldevólvelles a súa forma orixinal, un descubrimento que celebran e comparten con todos os seus amigos. É así
como a partir dese momento xogarán a crear novas
gamas cromáticas.
Sesión de contacontos
Na biblio tivemos a oportunidade de descubrir un conto dunha forma moi especial!
Con tintes, auga e vasos de plástico!
Pasámolo moi ben!
Despois de experimentar coas mesturas de cores, fixeron debuxos do que máis lles gustou.
Aquí tedes o resultado.
Fixemos mil e unha mesturas... probamos un montón de posibilidades!
Etiquetas:
actividades,
contacontos,
contos,
recomendacións
mayo 12, 2010
Cuentilandia.
mayo 05, 2010
Charlie e a fábrica de chocolate.
O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran os doces máis sabedoiros que se poidan imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor… Unha fábrica na que ningún estraño entrou nos últimos quince anos, e para a que se busca herdeiro.Charlie Bucket, un rapaz de bo corazón que procede dunha familia moi pobre e vive á sombra da extraordinaria fábrica de chocolate, atopará un dos billetes máxicos, converténdose nun dos rapaces afortunados que entren nese lugar marabilloso.
Esta será unha visita que mudará a súa vida para sempre.
O humor, unha narración eficaz e económica, así como a tenrura para caracterizar un conxunto de personaxes adultos e infantís, singularizan esta obra considerada como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos.
Pasa por ser a novela máis famosa de Roald Dahl, a primeira da serie que terá como protagonistas a Charlie e ao señor Wonka e que terá continuación en Charlie e o grande ascensor de cristal.
Foi traducida a múltiples linguas. A súa adaptación cinematográfica, protagonizada por Johnny Depp e dirixida por Tim Burton, estreouse no verán do 2005.
mayo 03, 2010
Aquiles o puntiño.
Un dos temas que máis curiosidade lles suscita aos lectores cando son moi novos é a orixe das cousas. A eterna pregunta do “porqué” está en boca de todos os nenos e nenas, acompáñaos dende a nenez ata a madurez. Aquiles representa á perfección ese papel inquedo, que o leva a transformarse continuamente: faise crecer os ollos, a boca, o nariz, as orellas, os brazos e as pernas; todos coa función de ir máis aló, de experimentar vivencias novas, de crecer como ser vivo e coñecer todo o que lle rodea.
Contemplar o que lle rodea, explorar o seu contorno, gozar coas pequenas cousas da vida, experimentar sensacións como a felicidade, e enriquecerse día a día en emocións e sentimentos, son algunhas das cousas que nos invita a compartir Aquiles e polo que paga a pena coñecelo.
Contemplar o que lle rodea, explorar o seu contorno, gozar coas pequenas cousas da vida, experimentar sensacións como a felicidade, e enriquecerse día a día en emocións e sentimentos, son algunhas das cousas que nos invita a compartir Aquiles e polo que paga a pena coñecelo.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)




