abril 28, 2009

Isto marcha!!!



Por fin rematamos de arranxar a biblioteca. Xa está posto o chan, mercados e colocados os mobles, os libros no seu sitio...e mirade que chulas quedaron as cortinas con tantas flores!!!
Así que xa empezamos a usala de xeito cotiá.
Xa empezaron os contacontos de profes, e as visitas en grupo á biblioteca, para fedellar por alí, ao tempo que se vai aprendendo a usala como é debido.
E, sobre todo, a disfrutala!

abril 23, 2009

Unha de piratas

Falámosvos dunha actividade sorpresa para o día 23???
Ao final colleunos tan de sorpresa que, en vez do 23, foi o 22!!
Recibimos unha visita nada menos que dunha pirata.
Sabedes que tesouro traía no seu cofre??? Unha chea de libros!!!
Contounos un conto, xogamos, bailamos...un pouco de todo
Mirade que cariñas de atención:

abril 17, 2009

OLHA QUE BLOG MANEIRO

Que que demo é esa imaxe de ai arriba?? Pois evos unha especie de nominación que vimos de recibir de "Unha biblioteca chea de tesouros", do cole de Esteiro, en Ferrol.
Venche sendo un modo de dicir que o noso blog pareceulles chulo...
Bueno, esto si que é modo de empezar a currar despois dunhas vacacións, eh? Grazaaaaaaaaaaaasssssssssssssss

Recibir este premio leva consigo o seguinte:
  1. Exhibir a imaxe do premio (aí arriba vos queda)
  2. Poñer o nome do blog que nolo concedeu (posto queda, coa súa correspondente ligazón)
  3. Nominar a 10 blogues preferidos (xa vouuuuuuuu, agarda que acabe de poñer as normas)
  4. Avisar a estes 10 blogues (da que acabe con este post)
  5. Publicar as reglas (iso estou facendo)
  6. Comprobar que os blogues sigan estas regras (uiiiiiii, canto curroooooooooo)
Polo de pronto imos nomear aos 10 blogs seleccionados:
  • Sereas sen cadeas, dun dos grupos de infantil do cole de Aguiño...un gusto para os ollos
  • Sacapenas para Gaza, que aúna cariños traídos de distintas partes de Galiza para as nenas e os nenos desa parte do mundo
  • Biblioarzúa, o interesante blog do IES de, claro que si, Arzúa, como o seu nome indica
  • Heroínas de Sálvora, blog do proxecto de innovación en normalización lingüística do cole de Aguiño
  • Pasiño a pasiño, do primeiro curso de primaria do cole de Baíñas, terra de meigas
  • Reibonteca, onde nos conta as súda actividadess a xente da biblio de Reibón, en Moaña
  • Pasa páxina, do José Cornide Saavedra, da Coruña
  • Libroucho, da biblioteca do CEIP Eladia Mariño, de Cabanas
  • Poemas para peques, cunha boa recompilación
  • Toleo por ler, da biblioteca do CEIP Amaro Refojo de Verín
Veña, déixovos, que aínda me queda ir avisar a toda esta xente de que recibiron un premio...:-P

abril 03, 2009

ABRIL, MES DOS LIBROS


Dado que se achegan a vacacións de Semana Santa e que á volta xa estamos a mediados deste mes tan significativo, dende a biblioteca propoñemos as seguintes actividades que cada aula desenvolverá ao seu ritmo.
  • Continuaremos cos contacontos
  • “A árbore dos nosos álbums favoritos” cada neno explicará cal é o conto, álbum ou libro que máis lle gusta e fará a súa propia portada (os de 3 e 4 anos nun tamaño A5 e os de 5, na metade de A5). Tódalas portadas iranse colocando nunhas árbores que para tal efecto colocaremos na entrada do centro.
  • Caligramas: utilizando poesías, retahílas, adiviñas, rimas populares, etc. (material que poñeremos para elixir no expositor da entrada), elaborar estas representacións gráficas. Irémolas expoñendo nos paneis dos corredores.
  • “O parrulo feo”: aproveitando a celebración o día 2 de abril do nacemento de Hans C. Andersen, usaremos un dos seus contos máis famosos para facer un traballo conxunto de tódalas aulas.
-Cada unha inventará cadanseu final para a mesma obra.
-Posteriormente tódolos alumnos ilustrarán este final cos seus debuxos.
-Elixiremos unas cantos desenvolvendo o traballo de observación, estudio,
comparación, discusión e decisión dos mellores cos que o equipo de biblioteca
elaborará un libro colectivo que circulará polas aulas.
  • Tentaremos contactar coa Biblioteca Pública para facer unha visita (xa indicaremos si por aulas ou niveis) para que os nenos a coñezan e como introdución ao “ Programa de Formación de Usuarios” que levaremos a cabo na nosa.
  • Neste mes comezaremos a realizar actividades na biblioteca segundo horario e programa de actividades que indicaremos proximamente.
  • O día 23, día do Libro, desenvolveremos unha “actividade sorpresa”… para conmemorar dita data.

BOS LIBROS E BOAS LECTURAS!!
O EQUIPO DE BIBLIOTECA

marzo 23, 2009

CONTACONTOS DE KALANDRAKA

A semana pasada tivemos visita. Unha desas visitas que primeiro crean expectación, e cando se van deixan un agradable sabor de boca...e o corazón un pouco máis cheo.
Dous contacontos de Kalandraka viñeron e encheron a nosa biblioteca -xa case rematada de todo!!!- de historias bonitas, música, caras curiosas, risas e...como non, aplausos.
Trouxeron unha chea de contos: Amelia e o can, O crocodilo, P de papá, Garavanciño, Paco...
Aquí vos deixo unha testemuña gráfica do evento:

marzo 11, 2009

CONTOS DE MEDO

Mirade que conto máis chulo fixemos no noso cole!!!
Trátase dunha recompilación de contos de medo, aportados polas familias das nenas e nenos, e convertidos, coa colaboración de todo o persoal, cativos e profes -e tamén de Rosa, a coidadora do Centro, sempre disposta a botar unha man...neste caso de pintura-, neste fantástico e terrorífico libro.



E hai que ver con que atención miran o conto!!!

marzo 02, 2009

Zarangallada

Si, si, unha auténtica zarangallada. Un caos. Iso é o que é nestes momentos a nosa biblioteca. Rematamos de poñer o chan, pero aínda queda traballo a esgalla.



Aí o vedes, non vos minto: caixas e caixas de cousas por ordear. Bueno, si, xa hai algún moble dos novos montado, e moitas caixas de libros xa se foron colocando no seu sitio:



Outros mobles están esperando a ser montados, que o tempo...non é elástico!!



Digamos, en definitiva, que a cousa progresa adecuadamente. E non botedes as mans á cabeza por ver todo así estrado. Que, en nada, está cada cousa no seu sitio.
Daremos fe!!

febrero 26, 2009

CONSELLOS DE 5 A 3


"Consejos" é unha das nosas últimas adquisicións.
Neste libro, editado por Octaedro, recóllense os consellos que o alumnado do parvulario municipal Diana de Reggio Emilia elaborou para dar acollida ao alumnado de novo ingreso e ás súas familias.
As ilustracións son tamén dos "maiores" -5 anos- do cole.
Tanto nas ilustracións como nos textos, revélanse as emocións, sensacións e ideas que estas criaturas formulan acerca da súa experiencia de ingreso na escola.
Un libro que nos convida a descubrir, a través das voces infantís, as súas vivencias, inquedanzas, descubrimentos, experimentacións.
Recomendable...tamén para persoas adultas que conservan un anaco de alma infantil aló adentro.

febrero 03, 2009

CONSPIRACIÓN POLA PAZ

Nas bibliotecas escolares galegas está xurdindo unha CONSPIRACIÓN POLA PAZ. Desde a Rede podemos coñecer as accións levadas a cabo desde os centros: disparos de poemas nas voces de nenas e nenos, mozos e mozas que conspiran a favor da PAZ.
Moitos deses proxectís cargados coa pólvora da paz, están recollidos neste libriño:

febrero 02, 2009

TRABALLOS POLA PAZ

Actividade febril no cole, ao alumnado gustáronlle as nosas propostas de traballo para a paz, e están que non paran...
Para mostra, un botón:



Chulo, eh? Queres ver máis?
Pincha na imaxe para ver o resto das fotos!