abril 15, 2016
ABRIL ... MES DO LIBRO
ABRIL ….MES DO LIBRO
(Un neno que le , será un adulto que pensa)
Con motivo do día do libro queríamos facer un intercambio de libros usados entre o alumnado e para iso necesitamos unha vez máis da vosa colaboración.
Cada nen@ terá que traer un conto que teña na casa para agasallar a outr@ compañeir@. O libro ten que ser usado pero aínda así debe estar en bo estado e preferiblemente que non traia o nome para que a actividade se faga de xeito anónimo. Ese libro que veña da vosa casa quedarase para sempre cunha nova familia e do mesmo xeito vós recibiredes un .
A data límite para a entrega de contos é o Martes 19 de Abril.
Ademáis un ano máis gustaríanos contar coa vosa axuda para realizar a actividade “A familia tamén conta” , se estiverades interesados en vir a contar un conto , historia , anécdota,…. non tedes máis que comunicarllo as titoras e logo poñeríamonos en contacto convosco para organizalo da maneira máis cómoda para todos.Por suposto calquer persoa da familia que se anime pode anotarse. Esta actividade levaríase a cabo ao longo da semana do 25 ao 29 de Abril.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
Un saúdo
O equipo de biblioteca
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario