No inverno temos que abrigarnos se non queremos pasar frío, así que podemos calcetar moitas prendas de abrigo... Pero está ben tamén que as compartamos cos demais.
Vimos de adquirir estes contos (un en galego e un en inglés) que traballan, ademais do acto de compartir e as prendas, a rima dun xeito moi sinxelo: estrutura encadeada, repetitiva e acumulativa.
Interesante achegamento á poesía para os primeiros lectores.
Un grupo de profes da EEI Fernández Varela, na Pobra do Caramiñal, con ánimo de compartir as nosas experiencias con relación á animación á lectura entre o público máis miudo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario