febrero 21, 2011

Acto das Linguas

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, presidirán o luns o acto de conmeración do Día Internacional da Lingua Materna que terá lugar no Centro Cultural da Deputación ourensá. O obxectivo desta celebración, instituída pola UNESCO en 1999, é impulsar a práctica das linguas maternas en todo o mundo e, en especial, as das minorías, por seren aquelas que se encontran nunha situación máis difícil.

Con este motivo, a Xunta de Galicia quere sumarse á conmemoración deste día e contribuír co galego, a lingua propia da comunidade, ao patrimonio lingüístico e cultural da humanidade. Polo mesmo, tamén forma parte desta celebración a promoción do respecto e do interese por todos os idiomas para favorecer unha actitude positiva cara á riqueza lingüística do mundo.
O evento terá lugar o propio 21 deste mes, ás 20:00 horas, no Centro Cultural da Deputación de Ourense.

(Info: http://www.edu.xunta.es/)

No hay comentarios: