abril 04, 2010

2 de abril

Todos os anos, o 2 de abril, o IBBY (International Board on Books for Young People) celebra o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL co fin de conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Cada ano é un país membro da Organización Internacional o encargado de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo.

Para 2010, a sección de España distribúe o cartel de Noemi Villamuza e a mensaxe de Eliacer Cansino traducida ao galego por Ánxela Gracián.

No hay comentarios: