julio 20, 2009

E para maiores...A filla do filósofo

A filla do filósofo é unha escolma da obra narrativa de Elena Poniatowska, traducida por escritores e escritoras galegos.
A autora foi galardonada ao longo da súa obra creativa con premios como o Alfaguara de novela, o Nacional de Ciencias e Artes de México, ou o premio de novela Rómulo Gallegos; e conta no seu haber con unha longa serie de obras entre as que destacan Fuerte es el silencio, Nada, nadie, Las voces del temblor, Luz y luna, las lunitas, El tren pasa primero ou Los 50 días que confrontaron a México.
Considerada unha das grandes escritoras mexicanas, vén de recibir esta primavera o título de "Escritora galega universal" que anualmente concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega.
No libro, que nos permite botar unha ollada na axitación das urbes ou na paixón amorosa, conflúen distintas voces e culturas.

No hay comentarios: