junio 15, 2009

E para maiores: Pirata


"Para algunhas xentes, unha bandeira é un anaco de tea. Para nós é unha forma de falar. Unha forma de expresar o tipo de vida que levamos e o tipo de vida que queremos".

Vén de ver a luz Pirata, a última novela de María Reimóndez; tradutora e intérprete de profesión, feminista por convicción e implicada no desenvolvemento (foi a principal impulsora do nacemento desta ONG)
Nestes tempos nos que para que te consideren pirata abonda con que teñas o e-mule no teu ordenador, María Reimóndez tráenos unha historia refrescante e reivindicativa que fala das ansias de liberdade e da busca da identidade en clave feminina.
Se o final é ou non un happy end como o de "O club da calceta", teredes que averigualo botándolle o dente ao libro.
En calquera caso, a quen lle reprocha ese final de conto de fadas da súa anterior novela, María replícalle que non é un final afastado da realidade. Ela di ter vivido, dende o seu traballo na ONG antes mencionada, historias así de gratificantes.
Será que, como di Jorge Drexler, cada un recibe o que dá...

No hay comentarios: