abril 30, 2009

Visita á Biblioteca municipal



Esta semana fomos visitar a Biblioteca municipal. Cada día tocoulle a un grupo. Fomos dando un paseo, que nos cadra preto do cole.
Alí, o bibliotecario explicounos unha chea de cousas acerca de como funciona unha biblioteca: como se organizan os libros, como hai que estar na biblioteca, cando hai que devolver un libro que pediches...
Tamén nos ensinou todos os espazos que hai nela...é moitísssssssssssimo máis grande que a nosa!!!
E ten un recunchiño para xente miúda, con libros e sillas escollidos cara nós.
Antes de virmos de volta, fixéronnos un agasallo: un marcapáxinas chulísimo!

abril 28, 2009

Isto marcha!!!



Por fin rematamos de arranxar a biblioteca. Xa está posto o chan, mercados e colocados os mobles, os libros no seu sitio...e mirade que chulas quedaron as cortinas con tantas flores!!!
Así que xa empezamos a usala de xeito cotiá.
Xa empezaron os contacontos de profes, e as visitas en grupo á biblioteca, para fedellar por alí, ao tempo que se vai aprendendo a usala como é debido.
E, sobre todo, a disfrutala!

abril 23, 2009

Unha de piratas

Falámosvos dunha actividade sorpresa para o día 23???
Ao final colleunos tan de sorpresa que, en vez do 23, foi o 22!!
Recibimos unha visita nada menos que dunha pirata.
Sabedes que tesouro traía no seu cofre??? Unha chea de libros!!!
Contounos un conto, xogamos, bailamos...un pouco de todo
Mirade que cariñas de atención:

abril 17, 2009

OLHA QUE BLOG MANEIRO

Que que demo é esa imaxe de ai arriba?? Pois evos unha especie de nominación que vimos de recibir de "Unha biblioteca chea de tesouros", do cole de Esteiro, en Ferrol.
Venche sendo un modo de dicir que o noso blog pareceulles chulo...
Bueno, esto si que é modo de empezar a currar despois dunhas vacacións, eh? Grazaaaaaaaaaaaasssssssssssssss

Recibir este premio leva consigo o seguinte:
  1. Exhibir a imaxe do premio (aí arriba vos queda)
  2. Poñer o nome do blog que nolo concedeu (posto queda, coa súa correspondente ligazón)
  3. Nominar a 10 blogues preferidos (xa vouuuuuuuu, agarda que acabe de poñer as normas)
  4. Avisar a estes 10 blogues (da que acabe con este post)
  5. Publicar as reglas (iso estou facendo)
  6. Comprobar que os blogues sigan estas regras (uiiiiiii, canto curroooooooooo)
Polo de pronto imos nomear aos 10 blogs seleccionados:
  • Sereas sen cadeas, dun dos grupos de infantil do cole de Aguiño...un gusto para os ollos
  • Sacapenas para Gaza, que aúna cariños traídos de distintas partes de Galiza para as nenas e os nenos desa parte do mundo
  • Biblioarzúa, o interesante blog do IES de, claro que si, Arzúa, como o seu nome indica
  • Heroínas de Sálvora, blog do proxecto de innovación en normalización lingüística do cole de Aguiño
  • Pasiño a pasiño, do primeiro curso de primaria do cole de Baíñas, terra de meigas
  • Reibonteca, onde nos conta as súda actividadess a xente da biblio de Reibón, en Moaña
  • Pasa páxina, do José Cornide Saavedra, da Coruña
  • Libroucho, da biblioteca do CEIP Eladia Mariño, de Cabanas
  • Poemas para peques, cunha boa recompilación
  • Toleo por ler, da biblioteca do CEIP Amaro Refojo de Verín
Veña, déixovos, que aínda me queda ir avisar a toda esta xente de que recibiron un premio...:-P

abril 03, 2009

ABRIL, MES DOS LIBROS


Dado que se achegan a vacacións de Semana Santa e que á volta xa estamos a mediados deste mes tan significativo, dende a biblioteca propoñemos as seguintes actividades que cada aula desenvolverá ao seu ritmo.
  • Continuaremos cos contacontos
  • “A árbore dos nosos álbums favoritos” cada neno explicará cal é o conto, álbum ou libro que máis lle gusta e fará a súa propia portada (os de 3 e 4 anos nun tamaño A5 e os de 5, na metade de A5). Tódalas portadas iranse colocando nunhas árbores que para tal efecto colocaremos na entrada do centro.
  • Caligramas: utilizando poesías, retahílas, adiviñas, rimas populares, etc. (material que poñeremos para elixir no expositor da entrada), elaborar estas representacións gráficas. Irémolas expoñendo nos paneis dos corredores.
  • “O parrulo feo”: aproveitando a celebración o día 2 de abril do nacemento de Hans C. Andersen, usaremos un dos seus contos máis famosos para facer un traballo conxunto de tódalas aulas.
-Cada unha inventará cadanseu final para a mesma obra.
-Posteriormente tódolos alumnos ilustrarán este final cos seus debuxos.
-Elixiremos unas cantos desenvolvendo o traballo de observación, estudio,
comparación, discusión e decisión dos mellores cos que o equipo de biblioteca
elaborará un libro colectivo que circulará polas aulas.
  • Tentaremos contactar coa Biblioteca Pública para facer unha visita (xa indicaremos si por aulas ou niveis) para que os nenos a coñezan e como introdución ao “ Programa de Formación de Usuarios” que levaremos a cabo na nosa.
  • Neste mes comezaremos a realizar actividades na biblioteca segundo horario e programa de actividades que indicaremos proximamente.
  • O día 23, día do Libro, desenvolveremos unha “actividade sorpresa”… para conmemorar dita data.

BOS LIBROS E BOAS LECTURAS!!
O EQUIPO DE BIBLIOTECA