febrero 02, 2010

A gran viaxe do Señor M.

A ausencia, a dor da perda, a soidade... sentimentos que transmite a figura do Señor M. e que trata de mitigar facendo unha viaxe polo mundo; unha viaxe que lle vai descubrindo a importancia das pequenas cousas: un sorriso, o solpor... Pero nesa viaxe, que se interpreta igualmente como unha viaxe interior, descubre ademais o sufrimento alleo que padecen as vítimas inocentes da guerra e a destrución.
Un libro que transmite melancolía, mais tamén esperanza.
As ilustracións enchen de tranquilidade o libro, con cores suaves e trazos esquemáticos, pouco definidos.
En conxunto, resulta un libro que transmite delicadeza polo seu tratamento do fenómeno da morte, que reflicte estados de ánimo , transmitíndoos ao público infantil con naturalidade.
Non falta o toque poético das imaxes, expresivas e cheas de vida.

J.D. Salinger




enero 19, 2010

O cabo do mundo

Recomendación para os maiores da casa...

«Que farías se non che quedase nada de vida?» Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal. Comeza así a súa procura do esencial da vida, unha investigación centrada en dúas teimas do pasado relacionadas co seu pai e coa muller que sempre amou. A urxente busca de si mesmo achegarao sen remisión ao cerne dun segredo amoroso e duns cruentos e agochados sucesos da represión franquista levada a cabo polas «brigadas do amencer» nas ribeiras Miño. Partindo dunha minuciosa investigación histórica, mesturando realidade e ficción, atesourando un extraordinario alento narrativo e unha prosa vizosa e moi fluída, reaparece Xabier Quiroga cunha novela memorable que nos conduce a outro suxestivo espazo literario onde a memoria e a identidade se confunden: O Cabo do Mundo.

Grisela


Grisela é unha ratiña que un día se sintiu triste...

Grisela decidiu probar a pintarse con todas as cores, pero non se sentía mellor pintándose de ningunha... nin vermello, nin verde, nin amarelo, nin a raias, nin de flores. Ademais os animais, como a oca, xoaniñas ou a cebra, rinse dela ao vela pintada con esas extrañas cores e raias. Fuxindo dunhas abellas Grisela tírase á auga, onde quizáis atopará a felicidade.

Un relato sinxelo e curioso sobre a importancia de ser un mesmo e non imitar aos demais.

O texto compleméntase con imaxes divertidas de Grisela e os animais que se van atopando.

Trátase dun fermoso álbum ilustrado para os primeiros lectores, emotivo e sensible, que lles axudará a adquirir seguridade e autonomía a través da lectura.

enero 13, 2010

Montserrat Sarto


O pasado 31 de decembro morreu, aos 90 anos, Montserrat Sarto Canet, periodista, especialista en literatura e prensa infantil e xuvenil, e tradutora de libros para pequenos.

Montserrat Sarto dedicou grande parte do seu traballo á investigación e difusión de estratexias de animación á lectura e formación de bibliotecarios mediante a organización de cursos, xornadas de traballo e seminarios, tanto en España como en Iberoamérica, Xapón e outros países estranxeiros. Entre outros premios, recibiu en 1981 o Premio Nacional de Prensa Infantil por actividades periodísticas relacionadas coa infancia e a mocidade, e en 1993 concedéronlle o Premio IBBY-Asahi polas súas aportacións á animación da lectura e á formación bibliotecaria.

enero 12, 2010

Para botar unhas risas...



Parodia de José Mota do programa "Callejeros", onde descubrimos a xente cunha "adición" moi peculiar!

enero 04, 2010

Guía de Nadal


Aquí tedes un tríptico cheo de ideas para regalar e ser regalados en Nadal.
Esperamos que vos gusten!

diciembre 13, 2009

Os de 4 na biblioteca

Aquí tedes aos de 4 anos na biblio.
Os sofás son a súa zona favorita para ler libros, así que se teñen que turnar!
Estiveron debuxando o que máis lles gusta da biblio do cole!
Pronto teredes o resultado!

diciembre 06, 2009

A familia conta!

A quen lle apetece vir contar un conto?
Nais, pais, tíos, tías, avós, avoas, padriños, madriñas...adiante!
Desde o Equipo de Biblio propoñémosvos que veñades contarnos un conto.
Seguro que aos nenos lles encanta que lles contedes contos na casa. Por que non compartir ese momento cos seus compañeiros?
Pode ser unha experiencia única!
Só tedes que cubrir a folla que recibistes o venres e entregala á titora correspondente.
Dos horarios e elección do conto non vos preocupedes, xa falaremos con calma!
Animádevos!

diciembre 04, 2009

Os de 3 anos visitan a biblioteca...



Aos nenos e nenas da clase de 3 anos encántalles ir á biblio!
Xogan na pizarra dixital, len nos sofás, miran contos na alfombra...