diciembre 06, 2009

A familia conta!

A quen lle apetece vir contar un conto?
Nais, pais, tíos, tías, avós, avoas, padriños, madriñas...adiante!
Desde o Equipo de Biblio propoñémosvos que veñades contarnos un conto.
Seguro que aos nenos lles encanta que lles contedes contos na casa. Por que non compartir ese momento cos seus compañeiros?
Pode ser unha experiencia única!
Só tedes que cubrir a folla que recibistes o venres e entregala á titora correspondente.
Dos horarios e elección do conto non vos preocupedes, xa falaremos con calma!
Animádevos!

diciembre 04, 2009

Os de 3 anos visitan a biblioteca...



Aos nenos e nenas da clase de 3 anos encántalles ir á biblio!
Xogan na pizarra dixital, len nos sofás, miran contos na alfombra...

noviembre 08, 2009

E para os maiores... Cometas en el cielo.

Primeiro libro de Khaled Hosseini, médico musulmán que fuxiu a Estados Unidos despois da entrada dos talibáns. Dalgunha forma podemos pensar nun relato autobiográfico.
Está ambientado en Afganistán
(1975) durante a invasión rusa previa aos talibáns. A novela narra a vida de dous nenos afganos -Amir e Hassan- e constrúe unha impresionante historia de encontro-desencontro, amizade-traición, na que destaca un fío condutor no libro: o arrepentimento do protagonista.
Cometas en el cielo vai crecendo en intensidade, aínda que atrapa desde a primeira páxina, non hai nada superfluo. Mantén en todo momento un ritmo sostido que nos vai conmovendo.
Recolle momentos duros e sanguentos, pero se trata dunha violencia medida, coa contrapartida dunha dose justa de tenrura.

Sorprende a prosa de Hosseini, ao tratarse da súa primeira obra e a facilidade para crear ambientes.
Un libro que nos axuda a comprender mellor os sufrimentos e os sentimentos do pobo afgano.

En marzo de 2008 estrenouse a película baseada nesta novela. Podedes ver o trailer pinchando aquí.

Recomendamos... Tambores mágicos


Queredes saber que é un facocero? Para iso teredes que coñecer a Nigiri!

Cando a ñu Nymbu lle da uns tambores máxicos a Nigiri, desexa ser grande e fermoso. Pero cando os toca, todo na selva empeza a cambiar.

O autor deste divertido libro é Graeme Base.


Graeme Base é un dos principais creadores do mundo de libros de imaxes. O seu alfabeto Animalia, recibiu a aclamación internacional cando se publicou en 1986, e conseguiu unhas ventas mundiais de máis de dous millóns de exemplares. Na actualidade, Graeme vive en Melbourne.

octubre 24, 2009

E para maiores... "A praia dos afogados"



Editorial Galaxia publicou 'A praia dos afogados', unha obra de intriga que leva ao lector ao mundo da Galicia mariñeira, desde as praias das Rías Baixas á paisaxe urbana de Vigo.

Domingo Villar introduce de novo ao lector nunha intriga que parte do achado do cadáver dun mariñeiro nunha praia na ría de Vigo coas mans atadas cunha brida de plástico.

¡Sal del cascarón, pollito!


Mamá Galiña puxo un ovo. É moi grande e bonito, pero Mamá Galiña non sabe como sae un poliño do cascarón. Inténtao de mil maneiras!
Conseguirá Mamá galiña que o seu poliño saia do casacarón?
Propoñémosvos un conto moi divertido e cheo de sorpresas...con pestanas, e diferentes materiais para tocar e axudar á Mamá.



septiembre 07, 2009

E para maiores...O caderno dourado

Hoxe tráiovos unha das obras máis emblemáticas de Doris Lessing, a obra coa que a escritora galardonada co Premio Nobel de literatura hai dous anos acadou recoñecemento internacional.
Escrita en 1962, non se pode cualificar de novidade máis que polo feito de que vén de ser traducida ao galego. E porque o seu contido é o suficientemente universal como para traspasar as barreiras do tempo e seguir estando de actualidade.
No libro, con tintes autobiográficos, unha escritora vai recollendo distintas facetas da súa vida -as súas experiencias en África, a súa vida afectiva, o compromiso político, a actividade profesional- en cadernos de distintas cores -negro, amarelo, vermello, azul-.
O caderno dourado ven sendo aquel punto onde conflúen e se interrelacionan todas esas facetas, o zume que se desprende da mestura de todas elas.
Merece a pena tomar contacto coa obra desta escritora, icono do antirracismo, do feminismo, do anticolonialismo.
Abordar eses temas nas súas obras valiulle ser expulsada de África do Sur, e en especial de Rhodesia, país no que se criara, xa que a súa familia se trasladara alí dende o seu Irán natal cando ela contaba seis anos.
Estamos a falar dunha obra imprescindible, dun clásico xa da literatura universal, do que agora podemos gozar na nosa lingua.

agosto 31, 2009

Recomendamos: Tres con Tango

O mundo está cheo (afortunadamente) de historias de amor.
Pero esta non é unha historia calquera. Trátase nada menos que dun romance entre dous pingüinos machos, que sirve para axudarlles aos cativos a romper clichés sobre posibilidades de amar. E para centrarse no importante: o vínculo afectivo. Que máis ten entre quen!
É, ademais, unha historia real: ocorreu hai algún tempo no zoo de Nova York.
Alí, Roy e Silo demostraron que non é preciso ser macho e femia para incubar un ovo e criar como é debido ao poliño que del sae.
O que se precisa é, unicamente, amor. E diso, Roy e Silo tiñan en abundancia...
E a quen lle escandalice o que ve, xa sabe o que recomenda a Biblia neses casos...

agosto 17, 2009

E para maiores...Tras do solpor

Tras do solpor, a primeira das obras de Murakami traducida ao galego,
A nova novela dun dos grandes escritores xaponeses contemporáneos, por primeira vez traducido para o galego.
Se no seu Ulyses Joyce nos describía un día completo do señor Bloom en Dublín, a novela de Murakami nárranos unha noite en Tokio na que conflúen as historias de varias persoas. Unha delas, como non, un músico de jazz: esta vella afición do escritor sempre sae a relucir dalgunha maneira nas súas obras.
De feito, o título fai referencia a o tema
Five Spot After Dark, que, dalgunha maneira, podemos considerar a banda sonora da novela.
Déixovos aquí unha interesante entrevista á traductora de Murakami ao galego, para abrir boca.

agosto 03, 2009

Recomendamos: Unha chea de familias

Mariña non ten mamá. E síntese diferente, sinte que a súa familia non é coma as outras.
A través dunha viaxe polo barrio, seu pai vaille facendo ver as múltiples posibilidades que hai de núcleos familiares, e explicándolle que, ao cabo, tódalas familias son distintas, pero todas comparten algo en común: o feito de ser un lugar de arroupamento mútuo das persoas que as compoñen.
Unha maneira sinxela de abordar os tipos de familia partindo da aceptación de todos eles.
Recomendado para tódalas persoas...especialmente para aquelas que sinten que pertencen a unha familia un pouco "diferente"!