abril 30, 2010

El libro negro de los colores.

Afeitos a percibir o mundo por medio de imaxes visuais, é moi difícil comprender como se pode vivir sen ver.
Para entendelo, a autora imaxina a amizade entre dous nenos, un deles, Tomás, é cego. O seu amigo conta como Tomás é capaz de ulir, tocar, oír e saborear as cores mentres el só os ve.
O libro, totalmente en negro para introducir ao lector ao mundo dos cegos. Inclúe o texto impreso e en braille, así como ilustracións en relevo para seren lidas e tocadas.
“El libro negro de los colores” (Ed. Tecolote) de Menena Cottin e Rosana Faría é unha obra singular sobre a percepción da cor, que mereceu o 1º premio na categoría Novos Horizontes, outorgado pola Feira do Libro Infantil de Bologna 2007.

abril 29, 2010

Mi planta de naranja-lima.

Entre os libros para adultos recomendados na exposición do Día do Libro temos este libro do escritor brasileiro José Mauro de Vasconcelos.
É a historia dun neno de cinco anos chamado Zoé . O protagonista ten un tío, Edmundo, que é moi sabio e é quen lle ensina como é a vida.

abril 28, 2010

DÍA DO LIBRO

E por fin chegou o gran día!
A nosa exposición está aberta desde este venres!
Que podedes atopar na exposición? Un montón de cousas!
-Os logos da campaña "e ti, para que les?" decorados polos nenos e nenas da escola.
- Expositor de libros infantís.
-Expositor de libros para adultos, recomendados polo persoal da escola.
-As follas de "Para que les?" cubertas polas familias.
-As follas de "Para que les?" elaboradas nas aulas.
-Barquiños pequeneiros decorando toda a escola.







abril 25, 2010

O BARQUIÑO PEQUENEIRO

Lembrades o encargo que nos deixou a Señora dos Libros?
Tiñamos que crear unha historia que empezara como a súa canción favorita!
"Había unha vez un barquiño pequeneiro"
Esta é a historia que inventaron os nenos e nenas de 4B.
Esperamos que vos guste!

abril 20, 2010

Preparando o día do libro...

Xa queda pouco para que chegue o Día Mundial do Libro.
Aquí temos información útil sobre este día.
Pincha na imaxe para acceder á páxina web da UNESCO.

abril 19, 2010

Todos a ler!

Grazas á bilio do CEIP Milladoiro de Malpica!

abril 16, 2010

Conta Fran.




Nova visita na clase de 3B.
Fran, pai de Lucía veu contarnos "Onde viven os monstros".
Aquí tedes imaxes do contacontos na biblio da escola.


abril 15, 2010

POLO PRACER DA LECTURA

A SGAE (Sociedade Xeral de Autores) ataca de novo.

Escrito e asinado por José Luis Sampedro, escritor.

POR LA LECTURA

*Cuando yo era un muchacho, en la España de 1931, vivía en Aranjuez un Maestro Nacional llamado D. Justo G.
Escudero Lezamit. A punto de jubilarse, acudía a la escuela incluso los sábados por la mañana aunque no tenía clases porque allí, en un despachito que le habían cedido, atendía su biblioteca circulante. Era suya porque la había creado él solo, con libros donados por amigos, instituciones y padres de alumnos. Sus 'clientes' éramos jóvenes y adultos, hombres y mujeres. Allí descubrí a Dickens y a Baroja, leí a Salgari y a Karl May.

Muchos años después hice una visita a un bibliotequita de un pueblo madrileño. No parecía haber sido muy frecuentada, pero se había hecho cargo recientemente una joven titulada quien había ideado crear un rincón exclusivo para los niños con un trozo de moqueta para sentarlos.
Al principio las madres acogieron la idea con simpatía porque les servía de guardería. Tras recoger a sus hijos en el colegio los dejaban allí un rato mientras terminaban de hacer sus compras, pero cuando regresaban a por ellos, no era raro que los niños, intrigados por el final, pidieran quedarse un ratito más hasta terminar el cuento que estaban leyendo. Durante la espera, las madres curioseaban, cogían algún libro, lo hojeaban y a veces también ellas quedaban prendadas.
Tiempo después me enteré de que la experiencia había dado sus frutos: algunas lectoras eran mujeres que nunca habían leído antes de que una simple moqueta en manos de una joven bibliotecaria les descubriera otros mundos.

Y aún más años después descubrí otro prodigio en un gran hospital de Valencia. La biblioteca de atención al paciente, con la que mitigan las largas esperas y angustias tanto de familiares como de los propios enfermos, fue creada por iniciativa y voluntarismo de una empleada. Con un carrito del supermercado cargado de libros donados, paseándose por las distintas plantas, con largas peregrinaciones y luchas con la administración intentando convencer a burócratas y médicos no siempre abiertos a otras consideraciones, de que el conocimiento y el placer que proporciona la lectura puede contribuir a la curación, al cabo de los años ha logrado dotar al hospital y sus usuarios de una biblioteca con un servicio de préstamos y unas actividades que le han valido, además del prestigio y admiración de cuantos hemos pasado por ahí, un premio del gremio de libreros en reconocimiento a su labor en favor del libro.

Evoco ahora estos tres de entre los muchos ejemplos de tesón bibliotecario al enterarme de que resurge la amenaza del préstamo de pago. Se pretende obligar a las bibliotecas a pagar 20 céntimos por cada libro prestado en concepto de canon para resarcir -eso dicen- a los autores del desgaste del préstamo.

Me quedo confuso y no entiendo nada. En la vida corriente el que paga una suma es porque:

a) obtiene algo a cambio.

b) es objeto de una sanción.

Y yo me pregunto: ¿qué obtiene una biblioteca pública, una vez pagada la adquisición del libro para prestarlo? ¿O es que debe ser multada por cumplir con su misión, que es precisamente ésa, la de prestar libros y fomentar la lectura?
Por otro lado, ¿qué se les desgasta a los autores en la operación?.¿Acaso dejaron de cobrar por el libro?. ¿Se les leerá menos por ser lecturas prestadas?.¿Venderán menos o les servirá de publicidad el préstamo como cuando una fábrica regala muestras de sus productos? Pero, sobre todo: ¿Se quiere fomentar la lectura? ¿Europa prefiere autores más ricos pero menos leídos? No entiendo a esa Europa mercantil. Personalmente prefiero que me lean y soy yo quien se siente deudor con la labor bibliotecaria en la difusión de mi obra.
Sépanlo quienes, sin preguntarme, pretenden defender mis intereses de autor cargándose a las bibliotecas. He firmado en contra de esa medida en diferentes ocasiones y me uno nuevamente a la campaña.

¡NO AL PRÉSTAMO DE PAGO EN BIBLIOTECAS!*

José Luis Sampedro

abril 13, 2010

Día do Libro Infantil.

Reunímonos todos e todas no ximnasio porque a sorpresa estaba agardando por nós!
Era... a maleta da Señora dos Libros!

A profe Aurora leunos unha carta que nos anima a ler e vivir os contos...
Cantamos con ela "O barquiño pequeneiro" e nos fixo un de papel!




Tamén nos presentou a unha contacontos moi especial, que nos veu contar a historia da Bruxa Brunilda e o seu gato Bruno.


Grazas a variña máxica da Señora dos Libros, apareceron uns regaliños na maleta!


Iso si,para que apareceran, precisou a axuda da variña máxica da profe Cruz e dos conxuros de Brunilda!



Finalmente, a Señora dos Libros deixou tres encargos...

O primeiro: facer un debuxo da Señora dos Libros.


Segundo: pedir na casa que nos fagan un barquiño pequeneiro de papel. Aquí tedes unha pequena axuda!


E o terceiro: inventar unha historia que empece como a canción "Había unha vez un barquiño pequeneiro"

Así que xa nos tivemos que poñer MANS Á OBRA!


Xa vos amosaremos como van eses encargos!

Chegou a sorpresa!

Como xa adiantaramos na entrada do día 5 de abril, ían chegar algunhas sorpresas...
Todo comezou cando o luns ao entrar, atopamos na entrada da escola o expositor da biblioteca con algunhas sorpresas!
Había un abrigo, un bastón e unha maleta. De quen sería?
















Adiviñaríamolo un pouco máis tarde...

abril 11, 2010

Dicionario da PAZ



Presentámosvos o noso "Dicionario da Paz".
Entre todos e todas, escollimos palabras relacionadas coa Paz e buscamos definicións para esas palabras.
Aquí tedes algunhas definicións e as ilustracións que as acompañan!
Esperamos que vos guste tanto como a nós!

abril 07, 2010

Conta Elena.


Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis (Kalandraka) é o conto que nos trouxo Elena aos nenos e

nenas da clase de 3 anos B.

Como sempre, cando nos visitan as familias, gozamos e alegrámonos cando nos contan!

















Temén vos queremos ensinar os traballiños que fixemos na biblio da escola.


abril 05, 2010

2 de abril (II)


O reverso do cartel que distribúe a OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) recolle a relación de centros educativos que se sumaron á celebración deste día mediante accións específicas.... E estamos nós!

As actividades que levaremos a cabo consistirán na lectura da mensaxe e algunha que outra sorpresa....
Aquí vos deixamos un avance da mensaxe...
UN LIBRO ESPERA POR TI; BÚSCAO!

Había unha vez
un barquiño pequeneiro,
que non sabía,
que non podía
navegar.
Pasaron unha, dúas, tres,
catro, cinco, seis semanas,
e aquel barquiño,
e aquel barquiño
navegou.

Apréndese a xogar antes que a ler. E a cantar. Os nenos da miña terra entoabamos esta canción cando aínda ningún de nós sabiamos ler. Xuntabámonos en roda na rúa e, disputándonos as voces cos grilos do verán, cantabamos unha e outra vez a impotencia do barquiño que non sabía navegar.
Ás veces fabricabamos barquiños de papel e poñiámolos nas pozas e os barquiños afondaban sen conseguir alcanzar costa ningunha. (…)

Eliacer Cansino
Tradución Ánxela Gracián

Seguiremos informando!

abril 04, 2010

2 de abril

Todos os anos, o 2 de abril, o IBBY (International Board on Books for Young People) celebra o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL co fin de conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Cada ano é un país membro da Organización Internacional o encargado de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo.

Para 2010, a sección de España distribúe o cartel de Noemi Villamuza e a mensaxe de Eliacer Cansino traducida ao galego por Ánxela Gracián.